🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A Xunta e a Real Academia Galega avanzan na posibilidade de colaborar en materia de toponimia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse esta semana co presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, na que foi a segunda xuntanza entre o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o máximo responsable da institución académica desde o pasado mes de marzo. Durante a reunión abordaron a posibilidade de colaborar para […]

Galeguización, toponimia e feminización, proposta do Goberno de Pontevedra para nomear as rúas da cidade

A presidenta da Comisión, Carmen Fouces presentou está mañá na reunión da Comisión unha proposta sobre o nomeamento das rúas da cidade, para que fose valorado polos membros da Comisión, co compromiso de levar a vindeira reunión unha proposta máis pechada, de tal xeito que os membros da Comisión poidan traballar sobre ela. A proposta […]

O Concello da Coruña adapta as súas rúas á toponimia oficial

O Concello da Coruña puxo en marcha o cambio dos nomes das súas rúas que deturpan a toponimia galega  para cumprir a Lei de normalización lingüística que, desde o ano 1983, establece “Os topónimos de Galiza terán como única forma oficial a galega”. Hai xa dous anos, a Mesa pola Normalización Lingüística reuniuse co alcalde […]

O Ministerio de Xustiza utiliza topónimos deturpados

A deturpación constante da toponimia non se pode consentir en ningún caso e menos por parte dun organismo público que, precisamente por ser o de xustiza, debe ser o primeiro en cumprir escrupulosamente a legalidade. Xa pasaron máis de trinta anos despois de que a Lei de normalización lingüística recoñecese que a única forma oficial […]

Política Lingüística desenvolve obradoiros de toponimia nos centros participantes no Proxecto Dragal

O alumnado de primeiro da ESO do IES Marco do Camballón do concello pontevedrés de Vila de Cruces participou a mañá de onte nun dos obradoiros destinado a apoiar o estudantado nas tarefas de pescuda arredor do patrimonio inmaterial galego que se desenvolve no marco da cuarta edición do Proxecto Dragal, un programa interdisciplinario de […]

A Xunta licita os traballos de normalización das bases de datos das entidades de poboación e da toponimia cartográfica de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio licita hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o contrato para os traballos de normalización das bases de datos das entidades de poboación e da toponimia cartográfica de Galicia por un importe de 40.000 euros. Coa licitación deste contrato dáse un novo paso para a elaboración […]

Os nomes da cidade

A cidade é un palimpsesto. Está composta de sucesivas vagas de poboación, arquitectura e modos de vida que se van superpoñendo como capas de arxila. Unha desas capas, unha capa que nos permite, en moitos casos, acceder a outras moito máis antigas, a constitúen os nomes de lugar, os topónimos. Na cidade de Vigo, a […]