🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Onte iniciouse en Torroso e Mos o asesoramento técnico nas parroquias sobre o inventario municipal de camiños

Onte comezou nas parroquias de Mos e Torroso o asesoramento técnico especializado sobre o inventario municipal de camiños. Durante a tarde e en horario de 17.00 horas a 20.00 horas dous profesionais técnicos ofreceron atención, información e asesoramento aos veciños/as que se achegaron a consultar o documento e que foron sobre 70 persoas. As consultas […]

Torroso inaugura a segunda fase do seu Centro Dotacional que, sumada á primeira, alcanza unha inversión de preto de 3,5 millóns de euros

Esta tarde celebrouse o acto de inauguración da segunda fase do Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso, organizado pola Comunidade de Montes da devandita parroquia quen, ademais foi a que asumiu a financiación íntegra desta segunda fase. No acto estiveron presentes Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Nidia Arévalo, alcaldesa de […]

O Concello de Mos, celebra as Festas do seu Patrón, San Mamede, apostando por unha gran actuación do grupo O FIADEIRO

O espectáculo está programado para o domingo día 6 de agosto ás 20:00h, no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso. Nesta ocasión, o grupo de baile e música  O Fiadeiro, pretende con este gran espectáculo dar mostra da súa ampla traxectoria ,  por iso para esta proposta, contará cun repertorio baseado en pezas e bailes do […]

A Xunta Directiva do Centro Cultural de Torroso piden desculpas á xente que por motivos de aforo tiveron que permanecer de pé

Dende o Centro Recreativo e Cultural de Torroso ven a agradecer a gran acollida que tivo o concerto de Banda e Voz celebrado o pasado domingo 26 no auditorio do Centro Dotacional de Torroso. Un concerto destas características supón moito traballo e esforzo. Durante meses os músicos da Banda coa súa directora Ángeles Lorenzo ao […]

Mos realiza o levantamento topográfico para a nova senda de Torroso

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde natural da parroquia de Torroso, Alberto Méndez, o concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso, e o arquitecto municipal estiveron onte cos dous topógrafos que están a realizar o levantamento topográfico necesario para a realización do proxecto da nova senda peonil que se acometerá en Torroso. […]

Mos traballa a pleno rendemento no axardinamento dos seus parques e zonas verdes

O servizo municipal de mantemento de zonas verdes e instalación de rego automático, adxudicado a Viveiros Adoa, xa ten rematada a acometida da instalación do rego. A semana pasada os operarios da empresa concesionaria remataron os traballos de instalación do rego automático no parque de Torroso e no da Porteliña. E xa o acometeron tamén […]