Xornada contra a mina de Touro-O Pino, este sábado, para debater sobre un problema que é de todos/as

Persoas implicadas de forma moi activa na loita contra a minaría en diferentes lugares de Galiza daranse cita este sábado, 13 de xaneiro, no Pino, para intercambiar experiencias, poñer en común puntos de vista e debater sobre os efectos deste tipo de explotacións. O evento, organizado pola eurodeputada Lídia Senra, está concibido ademais para arroupar á plataforma […]

Feijóo ten que defender os intereses de Galiza, non os da multinacional que quere abrir a mina de Touro

O BNG activa unha estratexia de oposición, denuncia, mobilización e información social contra a reapertura da mina de Touro a través dos concelleiros e das concelleiras dos municipios afectados por este proxecto de megaminería espoliadora e contaminante, que afecta aos concellos de Touro e O Pino, pero tamén ten efectos directos nos concellos limítrofes e […]

A mina de Touro é un risco para o río Ulla, para tecido produtivo local e para a saúde das persoas

O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas demandou hoxe, a través dunha proposición non de lei, “denegar a reapertura da actividade mineira nos concellos de Touro e O Pino presentada pola empresa Cobre San Rafael S.L polo impacto negativo sobre a economía  e  o río Ulla”. Nesta liña, o deputado afirmou que non pode ser […]

Os concellos do distrito forestal Santiago-Meseta Interior reúnense con Medio Rural para enfrontarse aos incendios

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou a mañá de onte na reunión de seguimento do convenio de colaboración da Consellería do Medio Rural el os representantes dos 21 concellos do Distrito Forestal III Santiago-Meseta Interior. Trátase dun acordo establecido en 2016, cunha vixencia de tres anos, ata o 2018, e que […]

O Sergas asume os gastos de mantemento dos centros de saúde de Boiro, Brión, Silleda e Touro

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asinou onte os convenios para a asunción dos custos de mantemento dos centros de saúde de Boiro, Brión, Silleda e Touro. Así quedou ratificado no documento que tamén asinaron os alcaldes dos respectivos concellos. Segundo os acordos, os concellos comprométense a realizar todos os trámites patrimoniais e urbanísticos […]