50 voluntarios do Concello traballarán esta fin de semana nas Illas Cíes

O voluntariado municipal no arquipélago suma 1.000 participantes ao longo de 2016 que realizan tarefas de protección, conservación e sensibilización, segundo informou o alcalde que destaca a “presenza permanente” do Concello nas Cíes.  Mañá sábado partirá dende a cidade un grupo de 50 voluntarios municipais para pasar a fin de semana desenvolvendo diferentes accións no […]

Aprobada no Parlamento unha iniciativa do BNG para garantir unha condicións dignas de traballo en Rande

O Parlamento aprobou en comisión a proposta do BNG pola que se reclama a intervención do Goberno galego para que, no seo da comisión bilateral da AP9 Xunta e Ministerio de Fomento, se adopten as medidas para garantir condicións de traballo dignas nas obras de ampliación da Ponte de Rande. Esa petición inclúe xornadas laborais […]

CCOO alerta da «extrema precariedade» que se agocha tras da «aparente» recuperación do emprego este mes

Comisións Obreiras (CCOO) aplaude a «aparente» recuperación do emprego no último mes, coa diminución do paro rexistrado en 9973 persoas. Porén, o sindicato alerta da «extrema precariedade» que se agocha tras das cifras, pois o 93,4 % dos contratos rexistrados foron temporais, ao tempo que un terzo dos contratos iniciais dura menos dunha semana. A secretaria […]

AER critica a intención do goberno local de Redondela por crear postos de traballo precarios cunha axuda da depo

O goberno local do Partido Popular de Redondela ven de convocar un proceso selectivo para diversos postos de traballo de carácter temporal ao amparo dunha axuda da Deputación de Pontevedra dentro do Plan Provincial de Cooperación ás obras e Servizos de Competencia Municipal. Así, durante estes días estase desenvolvendo o proceso selectivo para a contratación […]

Denuncian a sobrecarga asistencial do centro de saúde de Tomiño

A federación de Sanidade de CCOO de Vigo denuncia a sobrecarga asistencial que está a padecer o centro de saúde de Tomiño. Este centro presta atención sanitaria nun entorno rural. A distancia ao Hospital Alvaro Cunqueiro son 38 Km. O equipo sanitario e non sanitario componse de: – 6 médicos en xornada deslizante – 2 […]

Convocan unha concentración contra os abusos patronais en Abanca

A Federación de Servizos de CCOO denuncia que Abanca decidiu cambiar a negociación polo enfrontamento cos sindicatos e mesmo co persoal, ao que impón condicións que «non son razoables», ao tempo que continúa a formalizar despedimentos. Contra os abusos patronais, o persoal da entidade está chamado a concentrarse o próximo venres, día 3 de febreiro, […]

A columna galega das machas da dignidade volve a tomar as rúas

Onte, na asemblea de Compostela, decidiuse facer a manifestación do 25 de febreiro na Coruña. Como ben sabedes que, ademáis das reivindicacións habituais como a de pan, traballo e teito, o tema protagonista desta manifestación galega é a defensa das pensións e dos servizos públicos. Desde a columna galega das marchas da dignidade ven que […]

CCOO pídelle á Xunta «medidas axeitadas» para que os postos de traballo creados no verán se convertan en «estables e con dereitos»

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia pídelle á Xunta «medidas axeitadas» para que os postos de traballo creados no verán se convertan en «estables e con dereitos». A secretaria de Emprego do sindicato, Maica Bouza, coida que o Executivo autonómico debe habilitar os mecanismos necesarios a través dunha «verdadeira» política na materia que […]

Xornada Mundial polo Traballo Decente

A Xornada Mundial polo Traballo Decente véna promovendo a CSI cada 7 de outubro desde o ano 2008, como día de mobilización mundial en que todos os sindicatos do mundo se manifestan esixindo o traballo decente. A demanda de traballo decente foi en aumento ano tras ano de resultas do declive que sufriu o mundo […]