🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

CCOO insta a Consellaría de Sanidade a reforzar a unidade específica de asbestose de Ferrol

O luns, día 6, reuníronse na Consellaría de Sanidade o titular do departamento autonómico, Jesús Vázquez Almuíña, representantes da asociación AGAVIDA e dos sindicatos Comisións Obreiras, UGT e CIG. Nesta xuntanza, CCOO trasladoulle á Administración autonómica a súa preocupación polo funcionamento da unidade específica de asbestose do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. Segundo CCOO, estase […]

Opóñense a que a Consellería de Política Social realice un convenio co Sergas para axilizar as listas de espera nos equipos de valoración e orientación de discapacidades

Neste proceso, o Comité intercentros, do que FeSP-UGT-Galicia forma parte, denuncia o escurantismo co que a Xunta realizou este convenio, parcheando así un problema de falta de recursos humanos e de cobertura de postos cunha solución externa aos órganos que teñen competencia nos procedementos en cuestión. O Comité intercentros, en reiteradas ocasións, solicitou por escrito […]

A CIG rexeita o acordo asinado por CCOO, UGT e Xunta por non recoller medidas contra a precariedade no sector do transporte

UGT e CCOO asinaron a última hora deste luns día 10 de xullo un acordo coa consellaría de Infraestruturas e Vivenda -da que depende a Dirección Xeral de Mobilidade- no que se eliminan precisamente as dúas medidas contra a precariedade que permitirían avanzar na mellora das condicións laborais das traballadoras e traballadores do sector do […]

‘Desperegrinación’ do persoal da sanidade pública en defensa dos dereitos laborais e económicos

A Federación de Sanidade de CCOO e outras organizacións convocan para o luns 19, ás 11 h, unha ‘desperegrinación’ en defensa dos dereitos laborais no ámbito e pola recuperación dos «dereitos roubados». Para este efecto, ducias de traballadoras e traballadores percorrerán en sentido inverso un treito do Camiño de Santiago, concretamente desde a sede da […]

Preto de 30 colectivos súmanse á manifestación do venres en Chapela en apoio do persoal de Pescanova

Un total de 29 organizacións sociais, veciñais, deportivas, culturais, políticas e sindicais de Redondela amosaron o seu apoio público á manifestación que este venres día 21 percorrerá as rúas da parroquia de Chapela en solidariedade coa loita do cadro de persoal de Pescanova. A marcha, que hoxe foi presentada en rolda de prensa polos colectivos […]

O persoal de Pescanova perfilará en asemblea a súa última proposta de convenio

O cadro de persoal de Nueva Pescanova celebrará unha asemblea este sábado en Redondela para perfilar a última proposta de convenio colectivo que lles trasladarán á empresa a instancias da mediación laboral. A maioría sindical (CIG, CUT, UGT e USO) agarda que o acordo poida estar pechado antes de que remate o actual mes de […]

A asemblea de Pescanova ratifica a suspensión da folga indefinida mentres se celebran as negociacións sobre o convenio

A asemblea de traballadores/as de Pescanova celebrada hoxe en Chapela aprobou por unanimidade a proposta das centrais de suspender a folga indefinida prevista para o vindeiro día 4 mentres se celebran as xuntanzas fixadas pola mediación laboral para intentar chegar a un consenso sobre os novos convenios colectivos. Con todo, o cadro de persoal da […]

A mediación fixa tres xuntanzas para abordar o incremento salarial, a flexibilidade e as novas categorías laborais en Pescanova

A Inspección de Traballo, que esta tarde iniciou a mediación no conflito laboral de Pescanova a instancias da Xunta, fixou tres xuntanzas entre a CIG, CUT, UGT e USO e a dirección -CCOO participa nunha mesa de negociación distinta tras o veto dos outros sindicatos polo seu comportamento desleal- para abordar o que até o […]

Centos de persoas solidarízanse coa loita do persoal de Nueva Pescanova na segunda xornada de folga

Varios centos de persoas participaron hoxe na manifestación convocada en Vigo polo cadro de persoal de Nueva Pescanova coincidindo coa segunda xornada de folga para reclamar uns convenios colectivos dignos na empresa de alimentación. Durante a marcha berráronse consignas a prol da posta en liberdade do traballador detido pola Policía española a primeira hora da […]

Un detido na folga de Pescanova

Hoxe ás oito da mañá era detido Luis Bar, traballador de Pescanova e activista sindical da CUT, membro da Executiva Comarcal de Vigo. Dende as cinco da mañá o piquete das traballadoras e traballadores agardaban a saída das compañeiras e compañeiros da quenda de noite. A partitura ademais, como non podería ser doutra maneira, estivo […]

“Levantámonos porque non imos precarizar o emprego nin ser propiedade deles de luns a domingo”

Ana Bélen Vázquez Martínez Operaria de produción no centro industrial de Pescanova España en Chapela. Leva 14 anos na empresa e é a única representante da CUT na negociación do Convenio Colectivo. Pescanova vive un momento histórico. É a primeira vez que paran as máquinas dende a creación da empresa en 1960. Case 11 meses […]

O cadro de persoal de Pescanova convoca unha manifestación coincidindo co segundo día de folga

O cadro de persoal de Nueva Pescanova decidiu convocar unha manifestación en Vigo coincidindo coa segunda xornada de folga deste martes 21 para reclamar uns convenios colectivos dignos. Ao mesmo tempo, as centrais CIG, CUT, UGT e USO revelaron que barallan denunciar na Fiscalía a “actitude chulesca” da Policía española durante o primeiro día de […]

Empregados de Pescanova impiden a entrada do persoal de ETT na empresa

Os traballadores/as de Nueva Pescanova impediron este sábado a entrada do persoal de ETT nas instalacións da empresa para evitar que se fagan horas extras. O empregados/as da compañía de alimentación decidiran en asemblea deixar de facer horas extras como medida de presión ante o bloqueo das negociación do convenio colectivo, polo que a dirección […]

O persoal de Pescanova convoca dúas xornadas de folga polo bloqueo da negociación do convenio

O cadro de persoal de Nueva Pescanova decidiu hoxe nunha multitudinaria asemblea celebrada en Redondela convocar dúas xornadas de folga os vindeiros martes 14 e 21 de marzo ante o bloqueo da renovación dos convenios colectivos tras máis de 10 meses de conversas. Ademais, os traballadores/as acordaron que no caso de que non se produzan […]

A asemblea de Pescanova debatirá a convocatoria de folga ante o bloqueo das negociacións do convenio

A asemblea de traballadores/as de Nueva Pescanova que se celebra en Redondela este sábado debatirá a posibilidade de promover unha convocatoria de folga ante o bloqueo das negociacións do convenio colectivo tras 10 meses de conversas. As centrais CIG, CUT, UGT e USO rexeitan a última proposta da empresa -que insiste na flexibilidade laboral e […]

O persoal do SERGAS mobilizarase para exixir a recuperación de dereitos suspendidos so pretexto da crise

CIG-Saúde, CCOO, CSIF, UGT, SATSE e SAE anunciaron este mércores, en rolda de prensa, unha campaña de mobilizacións diante da negativa da consellaría de Sanidade a convocar a Mesa de Negociación para estabelecer un calendario que permita recuperar os acordos relativos ás condicións de traballo e melloras retributivas para o persoal do SERGAS. Unha negativa […]

Navantia precisa incrementar a contratación directa, mudar a organización e potenciar reparacións e fabricación

As Seccións Sindicais da CIG nos estaleiros de Fene e Ferrol, ante o anuncio por parte da SEPI dun próximo Plan estratéxico para Navantia, demandan que a través do mesmo se incremente a contratación directa, que se mude o sistema organizativo e manter e potenciar as actividades de reparacións e fabricacións. É dicir, elaborar un […]

Novas mobilizacións de CCOO, UGT e CIG por un «convenio xusto» nas residencias privadas da terceira idade

Os sindicatos CCOO, UGT e CIG anuncian novas mobilizacións en defensa dun «convenio xusto» nas residencias privadas da terceira idade. Por esta razón, o próximo xoves, día 2 de marzo, ás 12 h, haberá unha concentración diante da residencia SARquavitae de Santiago de Compostela. Esta protesta chega despois da concentración na sede central de Geriatros […]

100 expedientes xudiciais abertos contra preto de 300 persoas

Existen na actualidade preto de 100 expedientes xudiciais abertos contra preto de 300 persoas, moitas con vinculación sidical e outras non, que participaron en foglagas e protestas durante os últimos anos. Deste cento de expedientes, hai procedementos abertos pola vía penal (polos que se pide, en total, 120 anos de cárcere) e procedementos administrativos que […]

Denuncian irregularidades e solicitan paralizar a licitación do concurso para a limpeza dos edificios administrativos da Xunta

O comité de empresa de Santiago de Compostela da actual adxudicataria do servizo de limpeza dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, o Grupo Norte, denuncia irregularidades no prego do concurso e solicita paralizar a licitación. Entre outras, os sindicatos salientan que se detectou a inclusión nalgúns centros dun número de traballadores e traballadoras superior […]

Centos de persoas mobilizáronse en toda Galicia para esixir salarios e emprego dignos e se poña o freo ao encarecemento da vida

Denunciaron que os prezos continúan subindo, mentres os salarios están perden poder de compra, o que fai que a desigualdade aumente progresivamente e tamén o número de familias en situación de exclusión ou próximas á pobreza. De feito, España é o país da OCDE no que máis medrou a desigualdade desde o inicio da crise, […]

Toxo: «Hai empresas que pretenden gañar competitividade coa redución de custos do factor traballo»

O secretario xeral confederal de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, particiou esta mañá en Vigo nunha xornada sobre as relacións laborais e o mercado de traballo transfronteirizo. O evento organizouno o Consello Sindical Interrexional (CSIr) Galicia-Norte de Portugal, cuxa presidencia rotatoria desempeña actualmente o seu homólogo galego, Xosé Manuel Sánchez Aguión. Impulsada pola Confederación Europea de […]

Mobilizacións o día 19 en toda Galicia «por uns salarios e emprego dignos» e contra «o encarecemento da vida e á precariedade»

CCOO e UGT convocan mobilizacións nas principais cidades e vilas galegas (A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) para o vindeiro domingo, día 19. Os sindicatos denuncian que, mentres soben os prezos, os salarios perden poder adquisitivo e aumenta a desigualdade. UGT e CCOO reiteran que nos últimos anos a cidadanía tivo que […]

Vigo acolle un gran debate sobre o mercado de traballo na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

A Confederación Europea de Sindicatos (CES) organiza os días 15 e 16 de febreiro, no Auditorio Afundación de Vigo, un seminario sobre os consellos sindicais interrexionais (CSIr). O obxectivo é debater como os CSIr poden influír na activación dos mercados de traballo transfronteirizos, facilitar a libre circulación de traballadores e traballadoras, así como mellorar a […]