Uvigo Motorsport, equipo de automoción formado por 27 estudantes de diferentes graos da Universidade, principalmente das enxeñerías, prepárase para a nova tempada da Formula Student, a competición interuniversitaria automobilística máis importante de Europa, na que levan participando dende 2015. O equipo está a ultimar o deseño do novo monopraza, que presentará algúns cambios respecto do […]
Un ano máis, chega o inverno, a neve e con eles as novas propostas deportivas da man da Área de Benestar, Saúde e Deporte, ESN Vigo e o club Prado Surf. Como vén sendo habitual, propoñen tres viaxes a dúas estacións de montaña nas que a comunidade universitaria poderá practicar snowboarde esquí, ou simplemente divertirse na neve. […]
Aínda que as taxas de descomposición das algas dependen da antigüidade da materia orgánica, todo parece indicar que o quentamento global dará lugar a un aumento considerable das taxas de mineralización da materia orgánica e das emisións de CO2 nas praias areosas. Esta é a principal conclusión da tese de doutoramento de Begoña Araújo, investigadora […]
O Laboratorio de Filoxenómica, liderado polo catedrático vigués David Posada e con sede no Cinbio–Centro de Investigación Biomédica da Universidade de Vigo-, participará a partir do vindeiro mes de xaneiro nunha rede internacional Marie Curie (ITN or Innovative Training Networks) para a formación de novos investigadores en oncoloxía computacional. Trátase dunha plataforma internacional conxunta que reúne […]
14 especialistas e 14 traballos que ofrecen as coordenadas para comprender o cambio lingüístico compilados nun libro. Editado polo Servizo de Publicacións da Universidade e coordinado polo profesor do Departamento de Filoloxía Galega e Latina Alexandre Rodríguez, este volume recolle estudos de investigadores das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e Coruña, así como do […]

Identificar os riscos microbiolóxicos e químicos emerxentes que poden afectar á seguridade alimentaria en Galicia determinados por factores medioambientais e socioeconómicos asociados á sociedade actual e propoñer recomendacións para minimizalos. Esta é a principal finalidade coa que esta mañá botou a andar a Rede Galega de Riscos Emerxentes en Seguridade Alimentaria, Risegal, integrada polos principais […]

A Universidade de Vigo contará para o 2018 cun orzamento de 172.552.088 euros, un 4,37% superior ao do 2017, sendo o máis elevado dende o ano 2011. O vicerreitor de Economía, José Manuel García, presentou este mércores na sesión ordinaria do Claustro as liñas básicas de actuación orzamentaria para o vindeiro ano, que serán as […]

A presenza de lixo en mares e océanos é un problema crecente que avanza paralelo ao desenvolvemento económico e industrial e afecta gravemente a ecosistemas tanto da fauna como da flora mariña, chegando incluso á cadea alimentaria. Unha parte moi visible desta contaminación corresponde a residuos plásticos que os consumidores non depositan nos puntos de […]

Coa disputa do Campionato Galego de Remudas, nas inmediacións da Torre de Hércules, rematou, a pasada fin de semana, a XXVI Liga Galega de Orientación. Un total de seis podios acadou o equipo da Universidade de Vigo tras unha longa temporada, na que o traballo das e dos seus integrantes materializouse en cinco galardóns na […]

Tres persoas chinesas, dúas alemás, unha estadounidense, unha cubana, unha finesa, unha francesa, dúas inglesas, unha polaca, unha ucraína e unha peruana. A Área de Normalización Lingüística volveu organizar un ano máis o Curso de Extensión Cultural de Lingua e Cultura Galegas, unha actividade que lle dá ao alumnado internacional a oportunidade de achegarse a […]

No concerto de Nadal da Universidade de Vigo, que se celebrará o vindeiro 19 de decembro, os instrumentos musicais, as partituras e os acordes compartirán escena cos expertas e expertos no Pergamiño Vindel. O innovador espectáculo, que se desenvolverá a modo de “seminarración musicada”, integrará as intervencións de especialistas no obra de Martin Codax coa […]

A navalla é un marisco bivalvo que, aínda que no pasado apenas tiña valor, na actualidade tense convertido nun recurso de alto valor comercial. Os cambios no modelo extractivo fan preciso avanzar no coñecemento sobre o seu ciclo reprodutivo e a súa variabilidade espacial para mellorar a xestión e facer deste sector un modelo sustentable. […]

A Facultade de Bioloxía inaugurou este luns, coa apertura dunha exposición de cogomelos, a semana de actividades que conmemoran o seu patrón, San Alberte. Así, dende este luns e ata o día 16 a ciencia e a natureza será os protagonistas dunha serie de conferencias e concursos de fotografía e debuxo biolóxico. A mostra micolóxica, coordinada pola […]

Levan máis de dez anos de colaboración continuada a través de proxectos nacionais, autonómicos e financiados directamente pola propia empresa e o seu traballo conxunto sobre a redución de emisións contaminantes procedentes dos tubos de escape dos vehículos fíxoos merecentes dun dos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2017. Falamos da empresa BorgWarner Emissions […]

Co obxectivo de mellorar a comunicación a través dos teléfonos móbiles entre as institucións universitarias e a comunidade que as integra, Crue Universidades Españolas, a través de Santander Universidades, creou unha plataforma móbil personalizada que incorpora tecnoloxía avanzada, contidos e diversos servizos. Alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo xa […]

Tras anos de actividade, a Cátedra Fenosa presentouse hoxe en sociedade cun obradoiro no que representantes dos ámbitos académico, empresarial e político analizaron e debateron sobre enerxía, medio ambiente e desenvolvemento, as tres temáticas arredor das que pivota a cátedra, que dirixen os docentes e investigadores da Universidade de Vigo Xavier Labandeira e Juan Antonio […]

Máis de 80 persoas están xa anotadas na campaña de voluntariado para a recuperación das zonas queimadas tras a vaga de incendios de hai 15 días. Esta iniciativa, coordinada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais e a Escola de Enxeñaría Forestal, busca implicar á comunidade universitaria en futuras actividades encamiñadas á protección, recuperación […]

Persoal da Universidade, alumnado ou público en xeral. Calquera pode participar en Enfocar.me, un novo concurso fotográfico posto en marcha pola Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía ao abeiro da celebración o vindeiro mes de decembro da súa patroa, Santa Bárbara. “É unha actividade máis para dar a coñecer as posibilidades e as saídas profesionais […]

No ano 1981 o número de falantes en éuscaro en Álava non chegaba ao 5%, hoxe, case corenta anos despois, esta cifra sitúase por enriba do 30%. Cales son os principais factores que motivaron este ascenso constante? Txerra Rodríguez, avogado, sociolingüista e membro da coordinadora de servizos lingüísticos e culturais EMUN, iniciativa posta en marcha […]

Cunha conferencia inaugural titulada Martin Codax y la poesía de su tiempo a cargo do docente e investigador da Sapienza Universidade de Roma Vicenç Beltran Pepió, comezará o vindeiro 23 de novembro o simposio internacional E irei madr’a Vigo. A cita académica, organizada polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo co gallo da presenza do […]

Hai xa preto de 30 anos que dende a Escola Universitaria de Estudos Empresariais, un grupo de docentes encabezados por Iago Santos Castroviejo comezaron a traballar no que hoxe se coñece como economía social. Puxeron en marcha un grupo de investigación, introduciron unha nova visión do modelo empresarial na formación, crearon a Aula Cooperativa e […]

A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo acaba de conceder a licenza de obra que permitirá iniciar a rehabilitación dos edificios situados nos números 11, 13 e 15 da Praza do Berbés de Vigo para a creación da sede urbana da Universidade de Vigo. Os tres inmobles foron cedidos polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) ao organismo educativo por un […]

Tapóns, bolsas, anacos de redes ou de cordas de nailon, son exemplos de restos de orixe plástico que alén do seu impacto visual supoñen un perigo para a fauna e a flora mariña e mesmo representarían, pola súa transferencia trófica, un risco para os seres humanos. Co obxectivo de dar a coñecer a problemática ambiental […]

Como pode actuar o Dereito ante un terrorismo de carácter transnacional que esixe unha resposta a nivel internacional? De que maneira pode responder o sistema penal fronte a este novo tipo de ameaza? Estas son algunhas das preguntas as que hoxe tratou de responder un dos maiores expertos cos que se conta en Europa nestas […]

Cunha cifra de asistentes moi semellante á da pasada edición, máis de 60 empresas e institucións participantes e cheo total nos obradoiros formativos, este mércores baixou o pano no Ifevi a Finde.U, Feira Internacional de Emprego Universitario 2017. Esta cita coa inserción laboral do alumnado e as persoas egresadas, organizada polas universidades de Vigo, Porto […]

O rift de Corinto, unha fosa tectónica alongada onde a codia terrestre sofre distensións por causa da separación das placas tectónicas, situado no golfo do mesmo nome, en augas de Grecia, é unha das áreas sismicamente máis activas de Europa. Creado hai 5 millóns de anos, trátase dun rift relativamente novo e ten unhas características […]

Promover un diálogo crítico nun ambiente multidisciplinar entre investigadores novos e novas e poñer en valor e difundir os proxectos de investigación que teñen en curso. Estes son os obxectivos principais do IV Coloquio Internacional de Investigadores en Dereito, que se celebra este venres na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. Este evento é […]

En marzo de 1958 Citroën Hispania iniciou a súa actividade en Vigo co ensamblado da furgoneta Azu, versión derivada do coñecido 2CV. Hoxe, case 40 anos despois, e convertidos no Grupo PSA Vigo a fábrica está considerada un dos piares básicos da economía galega e representa o 30% das exportacións desta comunidade. A importancia deste […]

Dezaseis representantes de institutos federais do Brasil mantiveron este venres un encontro bilateral con representantes da Universidade de Vigo na procura de xerar sinerxías, principalmente no eido do doutoramento. Esta xuntanza toma a remuda da mantida en 2016 no campus de Vigo, que xorde da necesidade destas institucións brasileiras de chegar a acordos con universidades […]

Despois que as lapas, que nas últimas horas ameazaron o campus de Vigo, se achegasen a tan só 400 metros dos terreos sobre os que se asenta a institución académica, a Universidade de Vigo recupera hoxe a normalidade, á espera de que mañá martes se reanuden as clases, suspendidas trala decisión adoptada polo equipo de […]

As canles iónicas son unhas proteínas complexas situadas nas membranas celulares de, entre outras, neuronas e células musculares que forman poros, que permiten que os ións atravesen as células para a transmisión de información. Hoxe en día, coñécese que o funcionamento incorrecto destas canles xera un bo número de enfermidades chamadas ‘canalopatías’, entre as que […]

Unha das actuacións que máis vai contribuír a transformar a imaxe dunha parte tan importante do Casco Vello como a praza do Berbés comeza a ver despexado o seu camiño coa resolución de varios problemas administrativos xurdidos ao longo da súa tramitación: referímonos á construción nesta emblemática zona da sede representativa da Universidade de Vigo na cidade. Problemas na realización do […]

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, pediu hoxe ao alcalde de Vigo que nun exercicio de “responsabilidade e lealdade institucional” celebre un proxecto, o da recuperación da ETEA, que situará a cidade, e polo tanto a Galicia, como referente mundial no eido da investigación mariña. Neste senso, incidiu en que foi o […]

Especialistas en simulación molecular de toda España reúnense esta semana no Hotel Talaso Atlántico de Oia no III Workshop da Red Española de Simulación Molecular. Dende onte luns e ata hoxe 40 científicas e científicos de 12 institucións estatais reúnense para presentar traballos que abordan os últimos avances en técnicas de simulación molecular e métodos […]

O reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, foi esta tarde o invitado do Café Vigués, o faladoiro que periodicamente organiza a entidade Vigueses Distinguidos, co obxectivo de achegar ás súas e aos seus integrantes cuestións de interese da man dos seus protagonistas. Desta volta foi o reitor vigués o encargado de achegar ás e aos […]

O lume que desde o pasado sábado se cobrou a vida de máis de 60 persoas e provocou feridas a outras tantas en Pedrógão Grande, no centro de Portugal, estivo presente ao inicio da sesión de Consello de Goberno que este luns se celebrou na Universidade de Vigo. O reitor Salustiano Mato iniciou a sesión […]

Coa chegada do verán regresará á Universidade o Campus Camp, un campamento estival cun programa completo de actividades que mesturan a diversión e a aprendizaxe destinado especialmente para as fillas e fillos das persoas traballadoras e estudantes da Universidade de Vigo. Ofértanse 260 prazas (60 para Ourense e 200 para Vigo e Pontevedra) destinadas a […]

A Universidade de Vigo xunto ás de Chalmers, Linköping, Texas en Austin e Aalborg organiza a edición de 2017 da Joint IEEE SPS Eurasip Summer School on Signal Processing for 5G Wireless Access, que se celebrará entre os días 29 de maio e 1 de xuño na cidade de Gotemburgo. A escola sueca de verán […]

O BNG reclamou hoxe no Parlamento, a través dunha proposición non de lei defendida polo deputado nacionalista, Luís Bará, implantar un servizo de transporte regular entre o Val Miñor e o Campus Universitario de Vigo, inserido no Transporte Metropolitano da Xunta de Galiza. O grupo maioritario do Partido popular impediu que a proposta do BNG […]

A Asociación Veciñal de Teis, organiza unha charla- coloquio con Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, estemércores 5 de abril ás 19:30 horas, no local da asociación, para explicar o proxecto do Campus do Mar na ETEA. A Asociación sempre apoiou a realización deste proxecto, promovido pola Universidade de Vigo, porque permitirá: a presenza […]