🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Campus do Mar e Adega chaman á participación cidadá para limpar unha vintena de areais galegos

Tapóns, bolsas, anacos de redes ou de cordas de nailon, son exemplos de restos de orixe plástico que alén do seu impacto visual supoñen un perigo para a fauna e a flora mariña e mesmo representarían, pola súa transferencia trófica, un risco para os seres humanos. Co obxectivo de dar a coñecer a problemática ambiental […]

Un experto europeo en terrorismo advirte do perigo de encadear persoas “simplemente por radicalizarse”

Como pode actuar o Dereito ante un terrorismo de carácter transnacional que esixe unha resposta a nivel internacional? De que maneira pode responder o sistema penal fronte a este novo tipo de ameaza? Estas son algunhas das preguntas as que hoxe tratou de responder un dos maiores expertos cos que se conta en Europa nestas […]

18 horas para descubrir os secretos da escalada

Unha decena persoas, entre membros da comunidade universitaria e de fóra dela, achegaranse desde este sábado 28 de outubro e ata o 2 de decembro á práctica da escalada no rocódromo do campus de Vigo. Da man de tres monitores, as e os inscritos no curso de iniciación á escalada en rocódromo que organiza a Área de […]

A Finde.U pecha a súa segunda edición con preto de 1000 asistentes

Cunha cifra de asistentes moi semellante á da pasada edición, máis de 60 empresas e institucións participantes e cheo total nos obradoiros formativos, este mércores baixou o pano no Ifevi a Finde.U, Feira Internacional de Emprego Universitario 2017. Esta cita coa inserción laboral do alumnado e as persoas egresadas, organizada polas universidades de Vigo, Porto […]

Paula Diz, única investigadora española nunha novidosa expedición para a extracción de rexistros sedimentarios no rift de Corinto

O rift de Corinto, unha fosa tectónica alongada onde a codia terrestre sofre distensións por causa da separación das placas tectónicas, situado no golfo do mesmo nome, en augas de Grecia, é unha das áreas sismicamente máis activas de Europa. Creado hai 5 millóns de anos, trátase dun rift relativamente novo e ten unhas características […]

Xuristas de España e Sudamérica debateron no campus sobre os novos desafíos do Dereito

Promover un diálogo crítico nun ambiente multidisciplinar entre investigadores novos e novas e poñer en valor e difundir os proxectos de investigación que teñen en curso. Estes son os obxectivos principais do IV Coloquio Internacional de Investigadores en Dereito, que se celebra este venres na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. Este evento é […]

Especialistas hispano-italianos analizan no campus as principais luces e sombras da industria do automóbil

En marzo de 1958 Citroën Hispania iniciou a súa actividade en Vigo co ensamblado da furgoneta Azu, versión derivada do coñecido 2CV. Hoxe, case 40 anos despois, e convertidos no Grupo PSA Vigo a fábrica está considerada un dos piares básicos da economía galega e representa o 30% das exportacións desta comunidade. A importancia deste […]

A Universidade busca abrir vías de colaboración cos institutos federais do Brasil no eido do doutoramento

Dezaseis representantes de institutos federais do Brasil mantiveron este venres un encontro bilateral con representantes da Universidade de Vigo na procura de xerar sinerxías, principalmente no eido do doutoramento. Esta xuntanza toma a remuda da mantida en 2016 no campus de Vigo, que xorde da necesidade destas institucións brasileiras de chegar a acordos con universidades […]

O campus de Vigo volve á normalidade tras horas de acoso das lapas

Despois que as lapas, que nas últimas horas ameazaron o campus de Vigo, se achegasen a tan só 400 metros dos terreos sobre os que se asenta a institución académica, a Universidade de Vigo recupera hoxe a normalidade, á espera de que mañá martes se reanuden as clases, suspendidas trala decisión adoptada polo equipo de […]

Especialistas internacionais en canles iónicas reúnense para analizar os últimos avances neste ámbito

As canles iónicas son unhas proteínas complexas situadas nas membranas celulares de, entre outras, neuronas e células musculares que forman poros, que permiten que os ións atravesen as células para a transmisión de información. Hoxe en día, coñécese que o funcionamento incorrecto destas canles xera un bo número de enfermidades chamadas ‘canalopatías’, entre as que […]

Vinte empresas optan a executar a sede da Universidade de Vigo no Casco Vello

Unha das actuacións que máis vai contribuír a transformar a imaxe dunha parte tan importante do Casco Vello como a praza do Berbés comeza a ver despexado o seu camiño coa resolución de varios problemas administrativos xurdidos ao longo da súa tramitación: referímonos á construción nesta emblemática zona da sede representativa da Universidade de Vigo na cidade. Problemas na realización do […]

A Xunta pide o apoio explícito do Goberno local de Vigo ao desenvolvemento do Campus do Mar e a ETEA

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, pediu hoxe ao alcalde de Vigo que nun exercicio de “responsabilidade e lealdade institucional” celebre un proxecto, o da recuperación da ETEA, que situará a cidade, e polo tanto a Galicia, como referente mundial no eido da investigación mariña. Neste senso, incidiu en que foi o […]

A Rede Española de Simulación Molecular reúne en Galicia especialistas de todo o estado

Especialistas en simulación molecular de toda España reúnense esta semana no Hotel Talaso Atlántico de Oia no III Workshop da Red Española de Simulación Molecular. Dende onte luns e ata hoxe 40 científicas e científicos de 12 institucións estatais reúnense para presentar traballos que abordan os últimos avances en técnicas de simulación molecular e métodos […]

Un ‘café vigués’ para achegarse á Universidade

O reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, foi esta tarde o invitado do Café Vigués, o faladoiro que periodicamente organiza a entidade Vigueses Distinguidos, co obxectivo de achegar ás súas e aos seus integrantes cuestións de interese da man dos seus protagonistas. Desta volta foi o reitor vigués o encargado de achegar ás e aos […]

A Universidade dótase dun Regulamento do Patrimonio e unha Normativa de cesión de espazos

O lume que desde o pasado sábado se cobrou a vida de máis de 60 persoas e provocou feridas a outras tantas en Pedrógão Grande, no centro de Portugal, estivo presente ao inicio da sesión de Consello de Goberno que este luns se celebrou na Universidade de Vigo. O reitor Salustiano Mato iniciou a sesión […]

16 universidades buscan estratexias comúns para crear campus activos e fomentar hábitos de vida saudables fronte ao sedentarismo

As 16 universidades que forma parte do proxecto Active Campus Europe manteñen dende comezos desta semana en Finlandia a segunda xuntanza desta rede de institucións saudables. Ao longo de catro días os representantes das universidades españolas, finesas, alemás, inglesas, irlandesas, holandesas e portuguesas, coordinadas pola RWTH Aachen University, están a desenvolver unha serie de coloquios, […]

O Campus Camp ofrece 260 prazas para un verán viaxando no tempo

Coa chegada do verán regresará á Universidade o Campus Camp, un campamento estival cun programa completo de actividades que mesturan a diversión e a aprendizaxe destinado especialmente para as fillas e fillos das persoas traballadoras e estudantes da Universidade de Vigo. Ofértanse 260 prazas (60 para Ourense e 200 para Vigo e Pontevedra) destinadas a […]

A Universidade coorganiza unha escola internacional de verán sobre procesamento de sinais para o acceso sen fíos 5G

A Universidade de Vigo xunto ás de Chalmers, Linköping, Texas en Austin e Aalborg organiza a edición de 2017 da Joint IEEE SPS Eurasip Summer School on Signal Processing for 5G Wireless Access, que se celebrará entre os días 29 de maio e 1 de xuño na cidade de Gotemburgo. A escola sueca de verán […]

O BNG pide un servizo de transporte regular entre val miñor e o CUVI dentro do transporte metropolitano da Xunta de Galiza

O BNG reclamou hoxe no Parlamento, a través dunha proposición non de lei defendida polo deputado nacionalista, Luís Bará, implantar un servizo de transporte regular entre o Val Miñor e o Campus Universitario de Vigo, inserido no Transporte Metropolitano da Xunta de Galiza. O grupo maioritario do Partido popular impediu que a proposta do BNG […]

Charla do reitor da Universidade en Teis, para explicar o proxecto do “CAMPUS DO MAR” na ETEA

A Asociación Veciñal de Teis, organiza unha charla- coloquio con Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, estemércores 5 de abril ás 19:30 horas, no local da asociación, para explicar o proxecto do Campus do Mar na ETEA. A Asociación sempre apoiou a realización deste proxecto, promovido pola Universidade de Vigo, porque permitirá: a presenza […]

Sicixia abre mañá en Pontevedra a sexta edición da Master Class do Audiovisual galego Augal

A sexta edición de Augal, a Master Class do Audiovisual Galego, dá comezo mañá en Pontevedra coa proxección do filme Sicixia e un coloquio co seu director, Ignacio Vilar. Esta será a primeira das seis sesións deste programa, que se desenvolverá ata primeiros de maio na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus […]

Non se executará o “CAMPÚS DO MAR” na ETEA

Que diante da posibilidade real de que o proxecto do “Campus do Mar”, non se execute nos terreos da ETEA. A Asociación Veciñal de Teis, desde o comezo apoiaron a realización deste proxecto, promovido pola Universidade de Vigo, desde a asociación din que permitirá: a presenza da universidade na ETEA, recuperar edificios agora abandonados, darlle utilidade […]