O deputado de Mobilidade explica que se calmará o tráfico rodado con ‘lombos’, mellorarase a iluminación e dotarase de saneamento ao centro educativo

O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, confirmou hoxe que a Deputación realizará a obra de construción dun acceso peonil ao novo instituto de Soutomaior no treito que coincide coa estrada provincial EP-2908. O nacionalista, de feito, entregou ao Concello o proxecto definitivo de execución da obra e un borrador do convenio que deberán asinar a […]

Vía libre para as obras para a mellora do cruce da estrada provincial entre Cerquido e Borraliño en Salceda de Caselas

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou hoxe que a Deputación provincial resolverá este venres no Pleno ordinario as alegacións presentadas ás expropiacións do proxecto de mellora da seguranza viaria na EP-2503 entre Cerquido e Borraliño no Concello de Salceda de Caselas.  A Corporación aprobará definitivamente o proxecto, que ten un orzamento de 115.745 […]

Mobilidade da DEPO traballa na redacción dun proxecto para acceso alternativo ao porto de A Guarda

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, asegurou hoxe que a Deputación de Pontevedra está a traballar na elaboración dun proxecto para crear unha nova vía de acceso alternativo ao Porto de A Guarda. Os técnicos provinciais están a avanzar neste sentido despois de que o goberno local da vila solicitase axuda para desenvolver a […]

Preto de 3 millóns de euros para o territorio transfronteirizo do Miño

O territorio transfronteirizo do Miño beneficiarase dun investimento de preto de 3 millóns de euros grazas á concesión dos fondos europeos do programa Interreg VA-POCTEP anunciada hoxe. O deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez cualificou de “histórica” a aprobación dos proxectos presentados pola Deputación de Pontevedra e a CIM Alto Minho e subliñou que a […]

A Deputación investirá máis de medio millón de euros en calmar o tráfico e pintar as estradas provinciais

A Deputación de Pontevedra iniciará esta primavera actuacións de calmado de tráfico e de sinalización horizontal en alomenos 17 estradas de titularidade provincial na comarca do Condado-Paradanta. Así o explicou hoxe o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, quen presentou en Nigrán o Plan de Mobilidade e Velocidade Segura (MÓVESE) para a zona que, xunto coa […]

A Deputación erixe a Tui como epicentro do debate europeo sobre Mobilidade Transfronteiriza

“Mobilidade transfronteiriza: a raia húmida a debate a través de casos europeos de éxito’ é o título das xornadas organizadas pola Deputación que farán do Concello de Tui o epicentro do debate europeo sobre mobilidade transfronteiriza o vindeiro venres. O obxectivo é analizar con representantes de grande talla internacional cales deben ser as liñas de […]

Arévalo solicita á Deputación que acometa a humanización da estrada provincial Puxeiros-Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse esta mañá na Deputación de Pontevedra co deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, para abordar a humanización da estrada provincial Puxeiros-Mos. Respecto desta xuntanza a rexedora local mosense lamentou que “volvín sair sen saber se van a realizar a obra ou non, e xa é a terceira vez que […]

A DEPO pon a disposición dos concellos costeiros as máquinas limpapraias provinciais de cara á Semana Santa e ao verán

O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou hoxe que a Deputación xa puxo a disposición dos concellos costeiros da provincia as catro máquinas limpapraias do parque provincial. O responsable nacionalista indicou que, dada a proximidade da tempada alta tanto de Semana Santa como do verán, xa está aberto o prazo de solicitude e estanse a […]

A DEPO e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños colaborarán para mellorar calidad técnica dos proxectos provinciais

O III Congreso Internacional de Enxeñería Civil e Territorio que se celebrará en Vigo en outubro estará patrocinado pola institución provincial, que explicará as características do Plan MÓVESE. O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, reuniuse hoxe co decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, Ricardo Babío, para manter unha primeira […]

Estudo de mobilidade da DEPO propón duplicar as áreas peonís do núcleo de Mondariz

O Estudo de Mobilidade e Espazos Públicos de Mondariz, documento encargado pola Deputación de Pontevedra para ordenar o espazo público e o tráfico da vila, propón duplicar as áreas peonís do núcleo urbano e crear un gran salón comercial que permita dinamizar a economía local. O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, explicou que “o […]

O estudo de mobilidade da DEPO propón pechar ao tráfico o Casvo Vello de A Guarda

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, presentou hoxe as conclusións do Estudo de Mobilidade e Espazos Públicos encargado pola Deputación para o núcleo urbano de A Guarda. Este documento -unha folla de ruta a curto, medio e longo prazo para que o Concello poida ordenar o espazo público da vila de forma eficiente- propón […]

A DEPO completa a equipa técnica do Departamento de Mobilidade cun novo director e xefe de servizo

A Deputación de Pontevedra vén de completar a dirección do Departamento de Mobilidade con dúas novas incorporacións que dirixirán tecnicamente o traballo nas infraestruturas viarias provinciais. Dende agora, o novo xefe de servizo de Mobilidade, responsable da área de Planificación e Proxectos, será Francisco Alonso Fernández, mentres que o novo director será Daniel Romay, que traballará […]

A DEPO recibe 20 ofertas para instalar os 600 redutores de velocidade do Plan Móvese

O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou hoxe que a Deputación vén de recibir 20 ofertas de empresas construtoras para a instalación de case 600 redutores físicos de velocidade ao abeiro do Plan de Mobilidade e Velocidade Seguras (MÓVESE), que pretende aumentar a seguranza viaria das estradas provinciais mediante o calmado do tráfico. O nacionalista […]

As brigadas de mantemento das estradas provinciais atenderon máis de medio milleiro de emerxencias durante 2016

As brigadas de mantemento das estradas provinciais, dependentes da área de Mobilidade que xestiona o deputado Uxío Benítez, atenderon este ano 524 emerxencias nas vías de titularidade da Deputación de Pontevedra. O 2016 foi, en liñas xerais, un ano tranquilo salvo durante os meses de xaneiro e febreiro, nos que se acumularon 229 actuacións debido […]

A Deputación inicia a mellora da sinalización da estrada ao CUVI en Vigo

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez asegurou hoxe que a actuación era “urxente e necesaria” polos problemas de seguranza viaria da estrada. A Deputación de Pontevedra iniciará nos vindeiros días a mellora da sinalización horizontal e vertical da estrada provincial que dá acceso ao CUVI no Concello de Vigo para solucionar os problemas de seguranza […]

A Deputación abre ao uso a variante da EP-5002 e a nova ponte sobre o ría Deva na Cañiza

O Deputación de Pontevedra abriu hoxe ao tráfico oficialmente a variante da estrada provincial EP-5002 e a nova ponte sobre o río Deva en A Cañiza financiadas integramente pola institución provincial. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, o responsable provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, e o alcalde Miguel Domínguez, retiraron simbolicamente as vallas de obra […]

A Deputación reurbanizará de xeito integral a estrada provincial EP-1104 entre Moaña e Coiro

O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou hoxe que a Deputación reurbanizará a estrada provincial EP-1104 entre Moaña e Coiro para pór en marcha espazos de prioridade peonil e mecanismos de calmado de tráfico que permitan crear un continuo de seguranza viaria camiñable e inclusivo. Segundo asegurou hoxe o nacionalista, os técnicos provinciais están xa […]

A DEPO anuncia a construcción dunha glorieta no cruce de A Costeira

A actuación ten un orzamento de 151.655,92 euros e estará rematada en primavera O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou hoxe que a Deputación provincial realizará obras de mellora na estrada provincial EP-2405 entre Cerquido e Budiño (O Porriño) para eliminar un punto negro que coincide coa intersección con dúas estradas municipais no lugar […]

A Deputación abre a convocatoria para o posto de Dirección do Servizo Provincial de Mobilidade

A Deputación de Pontevedra vén de abrir a convocatoria para cubrir o posto de dirección da área provincial de Mobilidade. Dende hoxe e durante 15 días hábiles os aspirantes poden presentar as súas solicitudes, que deben ir acompañadas dun proxecto de dirección e organización para o servizo. Segundo destaca o deputado Uxío Benítez, a intención […]

A Deputación instalará case 600 redutores de velocidade nas estradas provincias gracias ao Plan Móvese

O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou hoxe que a Deputación instalará case 600 redutores de velocidade nas estradas provinciais de 46 concellos da provincia grazas á aplicación do Plan MÓVESE (Mobilidade e Velocidade Seguras). Segundo dixo, a instalación deses elementos físicos de calmado do tráfico “é a única fórmula para reducir tamén o número […]

Mosquera defende en Bilbao que “A xente só pode gozar tranquilamente dos espazos públicos cando a preferencia peonil  queda clara”.

“A xente só pode gozar tranquilamente dos espazos públicos cando a preferencia peonil queda clara”. Así de contundente se mostrou hoxe en Bilbao o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, quen participou nas Xornadas #UmHerri16 sobre ‘Cidade e Infancia’ no Colexio de Arquitectos Vasco Navarro. O vicepresidente fixo unha diagnose da cidade vasca e […]

Uxío Benitez lamenta que o PP insista en facer obras de xeito ilegal

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, lamentou hoxe que o grupo provincial do Partido Popular e o alcalde de A Cañiza pretendan facer a obra de mellora do santuario de A Franqueira de xeito ilegal. Segundo asegura o nacionalista, a actuación de reforma do contorno aínda está á espera do informe do servizo de […]

Uxío Benítez anuncia a mellora do cruce que dá acceso á igrexa do valado en Pazos de Borbén

O deputado de Mobilidade comprometeuse a realizar un estudo de reforma integral para toda a vía dado o elevado tránsito de vehículos que soporta. O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou hoxe a mellora do cruce da estrada provincial EP-2702 coa vía municipal que leva á igrexa do Valado en Pazos de Borbén. Segundo dixo, […]

Benítez priorizará a mellora do último tramo da estrada do Galleiro en Redondela

A Deputación instalará máis de 20 lombos e redutores de velocidade e mellorará a sinalización horizontal das oito estradas provinciais no concello. O deputado provincial de Mobilidade Uxío Benítez reuniuse hoxe co alcalde de Redondela Javier Bas para atender as demandas do Concello sobre as vías provinciais e subliñou que priorizará a mellora do último […]