🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

En Marea preguntará ao presidente da Xunta sobre a eficacia das políticas contra a violencia machista

En Marea, que condena rotundamente a violencia machista e se solidariza coas familias das vítimas  desta fin de semana, quere levar ao debate parlamentario a situación que padecen as mulleres galegas e a falta de eficacia das políticas de prevención contra a violencia machista, as medidas de protección das vítimas e o desenvolvemento de políticas […]

Esquerda Unida recorda que detrás de cada feminicidio hai un sistema patriarcal

Dende Esquerda Unida temos que manifestar, unha vez máis, a nosa condena máis rotunda á violencia machista que cobrouse esta fin de semana dúas vítimas en Galicia, unha en Compostela e outra en Vigo. Neste senso, Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida e vicepresidenta segunda do Parlamento por En Marea, traslada a súa […]

Os orzamentos da Vicepresidencia para 2017 incrementan as partidas en Xustiza e na loita contra a violencia machista

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para dar conta das liñas xerais do orzamento do seu departamento para 2017, onde destacou que as contas do vindeiro ano refrendan e intensifican a aposta polos servizos públicos esenciais que presta, como a xustiza e a loita contra a violencia de xénero. […]

Declaración institucional polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Praticamente 1 asasinato cada 3 días no estado español. Cada día teñen lugar unha media de algo máis de 3 violacións e dous casos de violencia machista son denunciados ó día na cidade de Vigo. Mais ante tal xenocidio, unha gran parte da cidadanía segue culpabilizando as mulleres por non ter deixado a relación antes […]

A mocidade viguesa sae á rúa para condenar a violencia de xénero

Abel Caballero asistiu este venres aos actos do programa Enlaza Vigo que o Concello organiza con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia Machista e tivo como eixo central a confección dun tapiz humano baixo o lema “Desmontando os mitos do amor romántico” no que participaron 2.200 estudantes de Secundaria de centros da […]

O grupo parlamentario de En Marea participou esta mañá na concentración en Santiago de Compostela no Día Internacional contra a violencia machista

En Marea sumouse no día de hoxe aos actos convocados con motivo do Día Internacional contra a Violencia machista no noso país. O portavoz Luís Villares destacou na concentración de Santiago de Compostela o feito de que “na loita contra a violencia machistas estamos todos implicados porque estamos todos e todas interpelados“. “Isto non é […]

25N Día da non violencia contra as mulleres

O día 25 de novembro non vai con ninguén de preto. É unha temática que fire e asusta. Á vez vai con todo o mundo dado que é un día no que diversos grupos de persoas desde o individual ata o colectivo, maniféstanse en contra da súa existencia. É  politicamente correcto facelo. Espérase de nós […]

Yolanda Díaz e Eva Solla denuncian que ningunha lei contra a violencia machista será suficiente se non existe vontade para levala a cabo

Esta mañá, Yolanda Díaz, coordinadora de Esquerda Unida e deputada de En Marea no Congreso, xunto a Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida e vicepresidenta segunda do Parlamento de Galicia por En Marea, denunciaron en Compostela que o día contra a Violencia Machista, que se conmemora o 25-N, é un bo momento para […]

O Concello conmemora o Día Internacional contra a violencia machista cun tapiz humano formado por 2.500 estudantes

O Concello de Vigo organiza unha nova edición do tapiz humano co que conmemora o próximo 25 de novembro o Día Internacional contra a violencia machista. 2.500 alumnos de Secundaria se concentrarán no Farol de Urzáiz para facer un chamamento á concienciación social contra esta lacra, incidindo, sobre todo, na mocidade. Baixo o lema: Desmontando […]

En Marea denuncia as insuficiencias e pide máis inversión na loita contra a violencia machista

Este martes a deputada por Pontevedra de En Marea, Ángela Rodríguez, interveu no pleno do Congreso para debater sobre un dos temas máis importantes para o futuro, como é acabar coa lacra sobre a violencia machista. A deputada insistiu no seu discurso en que a violencia contra as mulleres debe ser “un compromiso real”. “Aprobáronse […]

En Marea solicita modificar a Lei de Violencia de Xénero no aniversario do 7N

En Marea presenta no Congreso dos Deputados, coincidindo co primeiro aniversario do 7N, a petición de creación dunha Comisión de Estudio sobre o incumprimento dos obxectivos de desarrollo sostible de fenda salarial de xénero e violencia de xénero segundo o informe de Oxfam Intermon “Un ano de axenda 2030 en España, moito por facer”. Esta […]

O alcalde di que a mostra Mulleres en acción: violencia zero é un chamamento ás conciencias

Abel Caballero alertou esta mañá desde A Casa das Artes da importancia de “dar a batalla dos valores para que non haxa mortes de mulleres en mans das súas parellas sen que nos escandalicemos”. Na inauguración da mostra Mulleres en acción: violencia zero, cualificou de “execepcional” unha iniciativa que permite “visibilizar e chamar ás conciencias […]

IV Encontro de Feministas Autónomas

Com muito prazer e ilussom informamos-vos do IV Encontro de Feministas Autónomas que terá lugar o sábado 20 de Fevereiro no Centro Cívico de Teis em Vigo (Caminho Maceiras, 2). Este encontro, que leva como título “Contra as violências machistas, iniciativas feministas”, estará focado na reflexom, partilha de experiências e construçom de alternativas que tirem das nossas costas a tristeza, dor […]

Esquerda Unida pide que a cidade non baixe a garda ante a violencia machista

– O coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez chamou hoxe á participación na mobilización que mañá ás 20 horas partirá da Farola e Urzáiz e lembra que “a loita contra a violencia machista segue a ser a loita pola igualdade entre homes e mulleres” Para EU é neste contexto de desigualdade e discriminación […]