🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Coalición Son pedirá unha auditoría do servizo contra incendios e a apertura do expediente de rescisión de contrato se os resultados son negativos

A Coalición Son vén de rexistrar dita moción na que, ademais da auditoría, tamén solicita que se inicie de maneira inmediata a apertura do expediente de rescisión de contrato no caso de que a auditoría amosase datos negativos. Esta moción é froito de numerosas denuncias ó longo destes anos por parte do cadro de persoal […]

Marea de Vigo califica de moi grave adxudicación de concesións públicas á empresarios que non cumpren dereitos dos traballadores/as

Nos pasados días, a empresa que figuraba como primeira na clasificación de ofertas para esta concesión, renunciou á mesma no momento da entrega da documentación solicitada pola Mesa de Contratación, dada a imposibilidade que tiña para entregar dita documentación a causa das débedas de natureza tributaria coas que contaba e a imposibilidade de obter aval […]

Consorcio Provincial de Bombeiros prohibe a entrada do deputado X.L. Jácome ás instalacións dun servizo público

A coalición SON tiña hoxe previsto unha visita institucional ao parque de bombeiros de Ribadumia, para comprobar se o estado das instalacións son óptimas tal como afirmou nunha resposta por escrito o xerente do consorcio. Jácome adiantou que “non queremos unha visita ás instalacións nin co xerente nin con representantes da empresa, queremos facer a […]

Jácome levará ó pleno da Deputación Pontevedra a moción pola comisión independente do ALVIA

O deputado provincial, Xosé Lois Jácome, pretende con esta moción conseguir tres cousas claras; que a Deputación dea apoio expreso á Plataforma de Vítimas do ALVIA, que se solicite ao Goberno do Estado que encargue unha comisión de expertos e técnicos independentes que investiguen o acontecido, e por último, que se solicite ao Goberno a […]

X.L. Jácome a López Font: “Estou encantado de ter unha xuntanza con  vostede para explicarlle os erros de redacción das bases do plan de  emprego da Deputación”

En relación ás declaracións den López Font sobre o Plan de Emprego, o deputado provincial Xosé Lois Jácome, afirma que “efectivamente os municipios son os que teñen que contratar e fixar a retribución das traballadoras coas subvencións que reciben, porén, as propias bases do plan emprego, conteñen unha serie de contradicións que fan que os […]

Deputado provincial Xosé Lois Jácome, presenta moción para impulsar cultura e manter o 21% ás touradas

Vimos de coñecer o derradeiro anuncio do goberno central, no que aplica unha baixada do IVE ós espectáculos en vivo; entrando nesta categoría os eventos tauromáquicos. Na sociedade galega existe un profundo rexeitamento por este tipo de espectáculos onde existe o maltrato animal; incluso moitos concellos ao longo do país declaráronse oficialmente “concellos libres de […]

En Marea apoia as reivindicacións dos comuneiros de Cabral para impedir a venda do monte de Liñeiriños para un macrocomplexo comercial

Os comuneiros dos montes de Cabral mantiveron unha reunión cos deputados no Parlamento de Galicia e cos concelleiros do grupo de Marea Vigo no Concello de Vigo. Na reunión, celebrada no parque do Monte de Cabral no día de onte, os comuneiros manifestaron a situación na que se encontran ao non ser escoitados por ningunha […]

Deputado provincial, Xosé Lois Jácome (Coalición SON), levará demandas do Monte Pituco e a posta en valor dos muíños de Loira á Deputación

Esta mañá, o deputado provincial Xosé Lois Jácome mantivo unha xuntanza coas concelleiras da Marea de Marín e membros da asociación Monte Pituco en defensa do Monte Pornedo. Jácome, vén facendo unha serie de actos neste último mes co obxectivo de mellorar a organización de cara as eleccións municipais así como de poñer en valor […]

Marea de Vigo cualifica de “precarizante” e desastrosa a xestión do personal no Concello

O servizo viña existindo desde o ano 2004, para dar atención ás aproximadamente 16.000 persoas migrantes que residen na nosa cidade. Contaba cunha traballadora social e un asesor xurídico, ambas especialistas en estranxeiría. Este servizo será definitivamente “finiquitado” nunha Xunta do Goberno Local que vai ter lugar, se nada cambia, o vindeiro luns. O Grupo […]

Marea de Vigo considera un engano non executar os orzamentos que o mesmo goberno aproba

Marga L. Barreiro, concelleira do Grupo Municipal da Marea de Vigo, despois da análise feita sobre a execución orzamentaria do 2016, destaca unha serie de datos sobre Acción Social que para a Marea de Vigo resultan esclarecedores á hora de cualificar o tipo de políticas que leva a cabo o Goberno Municipal do PSOE, cualificándoas […]

Marea de Vigo pide que Vigo declare institucionalmente o 28 de Xuño en Vigo como día do orgullo LGTBI

O Grupo Municipal da Marea de Vigo rexistrou hoxe unha moción ao pleno do Concello pedindo que o 28 de xuño (DIA DO ORGULLO LGTBI) sexa considerado institucionalmente no termo municipal de Vigo como día de reivindicación e loita polos dereitos dos colectivos LGTBI Xose Lois Jácome, concelleiro da Marea de Vigo que presenta a […]