🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Continúan as Xeiras en Vigo | 20-D

O vindeiro mércores 20 de decembro continúan en Vigo as Xeiras de Anova, nun acto aberto a toda a cidadanía no que participarán Antón Sánchez, Xosé Manuel Beiras e Ana Ardid. Continúan así os diferentes encontros abertos que faremos por todo o país. Non están pensados só para a nosa militancia, senón para toda organización […]

Próxima Xeira en Lugo | 15-D

O vindeiro venres 15 de decembro continúan en Lugo as Xeiras de Anova, nun acto aberto a toda a cidadanía no que participarán Antón Sánchez, Xosé Manuel Beiras e Zita Méndez. Continúan así os diferentes encontros abertos que faremos por todo o país. Non están pensados só para a nosa militancia, senón para toda organización […]

Cassandra Vera, cando o Estado trata as vítimas como verdugos

Anova-Irmandade Nacionalista quere manifestar que repudia sen miramentos a condena a un ano de cadea e sete de inhabilitación absoluta á moza Cassandra Vera por chancear nunha rede social sobre a morte do almirante fascista Carrero Blanco hai 43 anos, máis do dobre dos que ten Cassandra nestes intres. O veredicto do tribunal é, con […]

A marea que vai chegar a San Caetano con o sen Podemos

Jorge Suárez, Martiño Noriega, Xulio Ferreiro, Xosé Manuel Beiras, Carmen Santos, Yolanda Díaz, Xosé Lois Piñeiro, Ledicia Piñeiro e Xan Xove interviñeron no acto de peche da Marea Constituínte A Marea Constituínte iniciou o sábado o camiño para gañar a Xunta e ofrecer unha alternativa ás políticas antisociais do Partido Popular. Os alcaldes de Ferrol, […]

Anova reuniuse no día de onte para ratificar o manifesto dos alcaldes rebeldes

A Coordinadora Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista avaleu este sábado os resultados do 26 de xuño, no que En Marea perdeu ao redor de 66.000 votos con respecto aos comicios de decembro, e abordará o manifesto dos alcaldes das mareas, que fixeron un chamamento á unidade para as autonómicas, e que o líder desta formación, Xosé […]

Xosé Manuel Beiras saúda o paso adiante dos alcaldes rebeldes

O portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, quere saudar o importante paso adiante dado onte polos alcaldes de Compostela, A Coruña e Ferrol; Martiño Noriega, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez, ao abeiro dun manifesto conxunto que aposta, como vén facendo Anova dende 2012, pola unidade popular como camiño para derrocar as nefastas políticas do […]

Primeira valoración de Anova, de Xosé Manuel Beiras e máis de Lidia Senra sobre o resultado do referendo no Reino Unido

Brexit: Calquera perspectiva de cambio pasa por abordar o funcionamento antidemocrático da UE. Nigel Farage é un síntoma. A realidade maciza que nos devolve o resultado do referendo británico sobre a UE é que o actual modelo de construción desta superestrutura política –un modelo de despotismo ilustrado no mellor dos casos e de despotismo a […]

En Marea arrinca en Vigo con forza cara o 26X

No acto de apertura da campaña na cidade viguesa participaron Alexandra Fernández, xunto con Xosé Manuel Beiras, Carmen Santos e Rubén Pérez. A pegada de cartaces tivo lugar na Porta do Sol. En Marea deu o pistoletazo de saída da campaña eleitoral do 26-X en Vigo cun acto que deu comezo ás 22 horas no […]