🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A Xunta reclama a implicación de toda a sociedade na abordaxe da loita contra os abusos sexuais a menores con discapacidade

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización, Amparo González, inaugurou hoxe en Santiago o II Seminario estatal e I Seminario de Galicia sobre violencia sexual contra as persoas menores de idade con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, organizado pola Federación de asociacións para a prevención do maltrato infantil (FAPMI-ECPAT) e pola Asociación Amino. A […]

A Xunta abre o prazo para a inscrición no curso de dirección e xestión de proxectos de participación xuvenil

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, convoca a segunda edición do curso de dirección e xestión de proxectos de participación xuvenil, que se levará a cabo de xeito simultáneo nas sete cidades galegas (Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Lugo, Ferrol e Vigo) durante os meses de maio e xuño. O […]

A Xunta premia os participantes nos proxectos desenvolvidos dentro do Programa Servizo Voluntariado Xuvenil 2016

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou onte na sede da Delegación da Xunta na cidade viguesa no acto de entrega de diplomas ás 129 persoas voluntarias que participaron nos proxectos de carácter provincial que se desenvolveron o ano pasado no marco do programa Servizo de Voluntariado Xuvenil. Ao abeiro deste […]

A Xunta propón un campamento solidario á iniciativa Vacaciones solidarias 2017 da Rede Española de Albergues Xuvenís

A Xunta de Galicia presenta o campamento solidario Aventura en Gandarío como candidatura á iniciativa Vacaciones solidarias 2017 da Red española de albergues juveniles (REAJ). O obxectivo da mesma é reducir a desigualdade social facilitando que os nenos e nenas sen recursos económicos poidan beneficiarse dunhas vacacións en albergues da rede neste verán. Deste xeito, […]