A Xunta porá á disposición das familias galegas 22.500 prazas públicas de escolas infantís no vindeiro curso

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que as familias galegas contarán no vindeiro curso con 22.500 prazas públicas de escolas infantís, co compromiso, reiterou, de lista de espera cero. Durante unha visita ao centro interxeracional da Fundación Amancio Ortega en Arteixo, Feijóo lembrou ademais que a Xunta seguirá poñendo á disposición dos […]

Conde traslada ao comité de Ferroatlántica que a Xunta seguirá garantindo o cumprimento estrito da lei

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, trasladoulles hoxe aos representantes dos traballadores de Ferroatlántica en Cee e Dumbría que a Xunta seguirá garantindo o cumprimento estrito da lei, e polo tanto, que a prioridade do Goberno galego será cumprir en todo momento as condicións que fixa a lexislación e salvagardar o interese […]

Muller de 70 anos ten que soportar viaxes de 6 horas para hemodialise tendo un hospital a 20 minutos do seu domicilio

Dende a Coordinadora Anti-Privatización da Sanidade Pública queren denunciar a situación que está a vivir unha veciña de Carnota (A Coruña), Dª María Ramona Blanco, que con 70 anos de idade, e con múltiples patoloxías renais e cardiovasculares, ten que levantarse 3 días á semana ás 5:30 da maña para ser levada ao Hospital de Santiago de Compostela […]

A Xunta de Galicia atenderá todas as solicitudes de praza en escolas infantís de 0 a 3 anos para o vindeiro curso escolar

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reiterou hoxe que a Xunta de Galicia atenderá todas as solicitudes de praza en escolas infantís de 0 a 3 anos, ao igual que se fixo no presente curso. Así o dixo tras visitar no municipio vigués as instalacións da escola La gota de leche, unha […]

Feijóo destaca que hoxe todos os estaleiros galegos teñen xa carga de traballo asignada e están en plena actividade

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou este mediodía que, neste momento, todos os estaleiros galegos teñen xa carga de traballo asignada e están en plena actividade. Carga de traballo con destino a países como Perú, México, Noruega, Indonesia, Rusia ou Groenlandia, citou a modo de exemplo, facendo fincapé en que, pouco a pouco, […]

Feijóo avanza a posta en marcha dun programa para impulsar a especialización de 2.500 mozos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a posta en marcha dun programa para impulsar a especialización de 2.500 mozos menores de 30 anos, a través de 162 cursos que se desenvolverán entre este ano e o próximo, baixo o paraugas do Sistema de Garantía Xuvenil. Feijóo destacou que a principal novidade deste […]

Feijóo anuncia que Galicia contará cunha nova estratexia de FP para convertela nun elemento clave para a creación de emprego

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que a Xunta está xa a elaborar unha estratexia de FP para a vindeira década co obxectivo de convertela nun elemento clave para a creación de emprego. Con esta finalidade avogou por seguir coordinados co tecido socioeconómico e avanzar nas melloras dos centros. O responsable […]

A Xunta segue a colaborar cos pequenos concellos para mellorar as infraestruturas de uso diario dos seus cidadáns

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, apostou hoxe pola colaboración entre a administración autonómica e a local para mellorar as infraestruturas que prestan servizo á cidadanía, unha cooperación que considerou especialmente relevante no caso dos concellos máis pequenos. Así o destacou hoxe na súa visita a Rois, na que estivo acompañado polo alcalde da localidade, […]

Feijóo reivindica a aposta de Galicia polo “turismo tranquilo de máxima calidade” para seguir batendo récords de visitantes

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou hoxe a aposta de Galicia polo “turismo tranquilo, polo slow turismo de máxima calidade” para seguir batendo récords de visitantes e no que os turistas desfruten sen présas do patrimonio, da historia, da cultura e da natureza da Comunidade. “Un destino tranquilo, pensando para perdurar no tempo, […]

A Xunta lanza unha nova liña de axudas para impulsar instalacións fotovoltaicas que favorezan o aforro enerxético das familias

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o lanzamento dunha nova liña de axudas para impulsar instalacións fotovoltaicas que favorezan o aforro enerxético de familias e empresas. Na rolda de prensa do Consello, Feijóo destacou nun primeiro termo unha achega de 300.000 euros para incorporar paneis fotovoltaicos en comunidades de propietarios. Unha […]

A Xunta abre o prazo de solicitude para acceder ás axudas do Plan Renove de instalacións eléctricas

A Xunta continúa co seu compromiso de impulsar a eficiencia enerxética e a calidade de vida das familias galegas. No marco da terceira edición do Plan de Vivenda, a Consellería de Economía, Emprego e Industria activa unha nova convocatoria de axudas para a renovación de instalacións eléctricas comúns dirixida a comunidades de propietarios e a […]

Feijóo anuncia un novo programa de emprego para 10.000 mozos

O presidente da Xunta respondeu esta mañá as preguntas dos grupos no Pleno da Cámara galega. Feijóo anuncia un novo programa de emprego para 10.000 mozos que outorgará axudas de ata 7000 euros para completar a súa formación e incentivar a contratación. “Queremos que no ano 2020 haxa entre 80.000 e 100.000 empregos máis, que […]

O alcalde valora a adxudicación da estación de Mayne como unha “gran noticia para a cidade”

Abel Caballero amosou o seu “entusiasmo e satisfacción” polo acordo acadado hoxe entre o Concello de Vigo, ADIF e a Xunta de Galicia que é unha “gran noticia”, un avance moi “interesante” para a cidade e unha “decisión para os vindeiros 100 anos”. Tras a reunión na que se confirmou a adxudicación do proxecto a […]

A Xunta impulsa novas iniciativas para mellorar a transparencia dos concellos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego vai impulsar novas iniciativas co obxectivo de seguir mellorando a transparencia dos concellos. Así o sinalou esta mañá en Vigo, durante a presentación do informe sobre o estado dos portais de transparencia nas entidades locais galegas, elaborado pola Rede Localis, un estudo que […]

Galicia bateu en 2016 o récord histórico de facturación nas vendas de peixe e marisco

Logo de coñecer o informe sobre a venda de produtos pesqueiros presentado hoxe pola Consellería do Mar no Consello, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou a competitividade do sector pesqueiro galego, cun récord histórico de facturación nas vendas de peixe e marisco en 2016 nas lonxas galegas. Durante a rolda de prensa, Feijóo […]

A Xunta investirá máis de 175 millóns de euros entre 2017 e 2018 a través da Axenda Galicia-Industria 4.0

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que o Goberno galego vai investir máis de 175 millóns de euros entre 2017 e 2018 a través da Axenda Galicia-Industria 4.0, un 22% máis do que se investiu durante os dous primeiros anos. Ademais, subliñou que se prevé que […]

As Federacións Deportivas denuncian a póuca inversión da Xunta de Galicia no deporte galego

No día de hoxe celebróuse unha xuntanza en Santiago de Compostela á que acudiron una ampla representación de Federacións Deportivas Galegas para tratar asuntos comúns que lles preocupan. As federacións denuncian o pouco peso específico que ten o deporte en Galicia nos orzamentos aprobados recentemente polo Parlamento Autonómico. Cun teito histórico de 9063 millóns de […]

A Xunta facilitará a 3.000 galegos o acceso á formación para obter os certificados de profesionalidade

A Xunta vén de convocar a 11º edición das probas, de Competencias Clave, para facilitar aos traballadores e traballadoras galegas, que non posúan os requisitos académicos da ESO ou do Bacharelato, o acceso á formación para obter os certificados de profesionalidade, e polo tanto para incrementar as posibilidades de obter un posto de traballo. A […]

Declaración institucional da Xunta de Galicia no Día Internacional da Muller

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o Goberno galego quere reafirmar o seu compromiso coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, e recoñecer o traballo das mulleres que tanto de forma individual como colectiva, permitiron que os dous sexos alcanzasen a igualdade ante a lei e deron importantes pasos para erradicar […]

Feijóo anuncia a aprobación dun novo plan para a igualdade centrado na educación, no emprego e na vida social e familiar

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a aprobación neste mes de marzo do VII Plan estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres 2017-2020, un plan que, ademais da integración do principio de igualdade nas políticas e accións do Goberno, supón o establecemento de cinco áreas estratéxicas, entre […]

Feijóo compromete 15 grandes proxectos para a cidade de Santiago e espera contar coa colaboración do Concello

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comprometeu hoxe 15 grandes proxectos para a cidade de Santiago e trasladou a necesidade de contar, en moitos deles, coa colaboración do Concello para levalos a cabo coa maior axilidade posible. “Estamos a falar de 15 proxectos moi ambiciosos desde o punto de vista económico, moi esixentes desde […]

A estratexia de especialización intelixente permitiu mobilizar 786 millóns, consolidando a innovación como un dos piares do crecemento económico galego

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello que a Estratexia de Especialización intelixente RIS3 permitiu mobilizar xa 786 millóns de euros desde 2014, consolidando a innovación como un dos piares do crecemento económico galego. “Estamos a falar dunha estratexia que leva mobilizados en innovación 786 millóns de […]

A Xunta invita as deputacións a reforzar a coordinación para ser máis eficaces na prestación de servizos

A Xunta de Galicia aposta por desenvolver o protocolo de coordinación asinado no ano 2012 coas deputacións provinciais, co obxectivo de mellorar a coordinación entre administracións e ofrecer así un mellor servizo aos cidadáns, con un uso máis eficaz e eficiente dos recursos públicos. “Unha administración, unha competencia, un servizo”, indicou aos medios o vicepresidente […]

Macri e Feijóo avogan por aproveitar a nova etapa de modernización iniciada por Arxentina para fortalecer a relación de cooperación con Galicia

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente de Arxentina, Mauricio Macri, avogaron hoxe por aproveitar a nova etapa de modernización iniciada no país para fortalecer as relacións entre Arxentina e Galicia. Durante unha audiencia mantida esta mañá co presidente arxentino, que estes días realiza a súa primeira visita de Estado a […]