🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Traballadoras/es de Xustiza toman as rúas de Compostela en demanda de que rematen as discriminacións

Miles de funcionarias e funcionarios de Xustiza tomaron as rúas compostelás, portando maletas, e ao berro de “Eu non me vou”. Respondían así ao convite que lles fixo en mesa de negociación o Director Xeral de Función Pública, Xosé María Barreiro, quen os/as convidou a pedir o traslado a outra comunidade autónoma se estaban descontentos/as […]

Seguimento masivo da segunda xornada da folga indefinida na xustiza

A segunda xornada de folga indefinida na administración de Xustiza está a ser un éxito e nalgunhas cidades, como Ourense e Lugo, mesmo se supera o seguimento acadado no día de onte. Dende CIG-Xustiza valórase de xeito moi positivo a resposta que as traballadoras e traballadores de Galiza están dando á convocatoria e que amosa […]

A folga indefinida na Xustiza galega arrinca cun seguimento do 90%

A administración de Xustiza de Galiza encara dende este mércores 7 de febreiro unha convocatoria de folga indefinida para esixir a fin das discriminacións laborais que padece o persoal e a recuperación do emprego destruído nos últimos anos. A pesar dos abusivos servizos mínimos impostos pola Xunta, a primeira xornada deste paro -que se suma […]

A Xunta propón aumentar de xeito gradual o complemento autonómico do persoal da Administración de Xustiza

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, propuxo hoxe iniciar as negociacións para incrementar de xeito gradual o complemento autonómico transitorio que recibe o persoal da Administración de Xustiza, tal e como xa se ten trasladado aos sindicatos en distintas ocasións. Durante unha interpelación parlamentaria, Rueda explicou que este complemento se ampliaría no momento en que […]

A Xunta contará co proxecto de execución da futura Cidade da Xustiza de Vigo dentro dun mes e dará comezo de inmediato coa licitación das obras

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda avanzou hoxe que nas vindeiras semanas, o Goberno galego contará xa co proxecto de adxudicación da segunda fase da obra da Cidade da Xustiza, polo que dará comezo de inmediato coa licitación dos traballos, cumprindo así cos prazos estipulados e que o novo edificio xudicial sexa unha realidade no […]

CCOO coida que a sentenza do TSXG sobre o incendio de Fornelos de Montes é «insuficiente» e chega «tarde»

Comisións Obreiras (CCOO) coida que a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre o incendio de Fornelos de Montes do 2010, no que faleceron dous brigadistas, é «insuficiente» e chega «tarde». Asemade, o sector da Administración autonómica do sindicato lamenta que o alto tribunal «valore tan pouco» as vidas dos dous falecidos […]

A Policía Autonómica leva a cabo 107 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo durante a pasada semana un total de 107 inspeccións de control, nun total de 24 dispositivos en 14 concellos galegos. Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, nesta pasada semana realizáronse 24 dispositivos […]

A europarlamentaria Lídia Senra apoia a loita por unha xustiza adaptada á infancia

acolleu onte no Parlamento Europeo a xornada de traballo “Unha xustiza adaptada á infancia: A consideración da voz das vítimas menores de idade”, un encontro organizado en colaboración coa Asociación Galega contra o Maltrato a menores (AGAMME) e a Rede Internacional para os dereitos da infancia (Fight4 Child) e que contou coa presenza de persoas especializadas no […]

A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio forestal no concello de Muros

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Santiago de Compostela informaron hoxe do esclarecemento dun incendio forestal no concello de Muros, unha actuación que se realizou en colaboración cos axentes do distrito forestal de Fisterra. O lume tivo lugar o pasado 23 de abril, na parroquia de Serres, no concello de Muros, e afectou unha […]

A Xunta colaborará con psicólogos e traballadores sociais para axilizar os informes sen resolver en materia de familia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, presidiron hoxe unha nova reunión da Comisión Mixta entre Xunta e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, onde a Xunta avanzou que colaborará cos colexios de psicólogos e de traballadores sociais para resolver os informes pendentes […]

A Policía Autonómica detén dous homes na Coruña por violencia de xénero

Axentes da Policía Autonómica da Coruña informaron hoxe da detención de dous homes na Coruña por supostos delitos de violencia de xénero contra as súas parellas. Axentes do grupo Viogen, de Protección de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero da Policía Autonómica da Coruña, detiveron esta semana, en días distintos, dous varóns logo de que […]

A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo analiza hoxe posibles irregularidades da praxis xudicial no Estado español en casos de violencia de xénero e abusos de menores

A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo tratará hoxe a situación de posibles irregularidades que se estarían cometendo na praxis xudicial no Estado español en casos referidos a violencia de xénero e abusos de menores. O organismo comunitario aceptou a trámite hai xusto un ano a petición promovida pola Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), a […]

Abel Caballero avoga pola xustiza como un servizo público “próximo á cidadanía”

O alcalde de Vigo e presidente da FEMP participou este xoves en Oviedo nas XII Xornadas que o Consello Xeral da Avogacía Española organiza xunto coa Comisión de Relacións coa Administración do Estado (CRAJ). Na mesa organizada para abordar a organización territorial da xustiza, Caballero avogou por unha administración que, como servizo público, debe estar […]

CCOO solicita aos concellos e á cidadanía das medianas e pequenas poboacións a súa implicación no mantemento das oficinas do rexistro civil

CCOO solicita aos concellos e á cidadanía das medianas e pequenas poboacións a súa implicación no mantemento das oficinas do rexistro civil da súa localidade que o Ministerio de Xustiza non garante Madrid, 22 de marzo de 2017 Utilizando o engano, o Ministerio de Xustiza garantiu aos representantes sindicais o mantemento da actual distribución territorial […]

Denuncian actos de intolerancia e discriminación contra as persoas refuxiadas e migrantes

Co gallo do Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial, que se conmemora hoxe, CCOO denuncia os actos de intolerancia e discriminación contra as persoas refuxiadas e migrantes. O sindicato defende que esta data é «unha oportunidade» para renovar o compromiso de construír un mundo de xustiza e igualdade, no que non existan discriminacións por […]

As dúas varas de medir da xustiza española: luva de seda coa Casa Real, man de ferro con Catalunya

A executiva nacional do BNG transmite todo o seu apoio aos responsables políticos inhabilitados polo simple feito de convocar unha consulta á cidadanía o pasado 9N, para facilitar que o pobo catalán expresase a súa opinión en relación ao proceso independentista que promove a maioría do Parlamento de Catalunya. Para a dirección do Bloque, os […]

CCOO solicita por escrito ao ministerio de xustiza a retirada da sua proposta da modificación da lei 20/2011, do rexistro civil

En CCOO recibiron cunha profunda decepción a proposta que se nos enviou no día de onte desde o Ministerio para a modificación da Lei 20/2011. E iso porque tanto polo propio Ministro como polo Director Xeral nas súas intervencións nas distintas reunións garantírallenos, por unha banda, a permanencia das actuais oficinas do rexistro civil (“as […]

Feijóo acorda co ministro de Xustiza pechar neste trimestre o calendario para a apertura en 2017 dos cinco novos xulgados en Galicia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acordou hoxe co ministro de Xustiza, Rafael Catalá, pechar neste primeiro trimestre do ano o calendario para a apertura en 2017 das cinco novas unidades xudiciais en Galicia: un xulgado do Social na Coruña, un xulgado de Primeira Instancia en Ourense, un xulgado de Primeira Instancia especializado en […]

Os orzamentos da Vicepresidencia para 2017 incrementan as partidas en Xustiza e na loita contra a violencia machista

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para dar conta das liñas xerais do orzamento do seu departamento para 2017, onde destacou que as contas do vindeiro ano refrendan e intensifican a aposta polos servizos públicos esenciais que presta, como a xustiza e a loita contra a violencia de xénero. […]

A Xustiza vólvelle dar a razón a unha traballadora á que lle impuxeron gozar as vacacións en agosto

A Xustiza volveulle dar a razón a unha traballadora da biblioteca pública coruñesa Miguel González Garcés, dependente da Xunta de Galicia, á que a Dirección do centro obrigou a gozar en agosto todos os días de vacacións que lle quedaban. Segundo CCOO, a decisión dos responsables da biblioteca adoptouse tomando como base unhas instrucións internas […]