Taller de seguridade en Internet para mulleres

Celebrouse onte pola tarde na aula de informática da Axencia de Colocación
Por o 15/03/2019 | Sección: Galicia,Mos
Taller de seguridade en Internet para mulleres

Preto de 20 mulleres de Mos participaron onte pola tarde no Programa Atenea, un obradoiro de confianza e seguridade na rede organizado polo Concello de Mos a través do seu CIM (Centro de Información á Muller) dentro da programación conmemorativa do Día Internacional da Muller.

A actividade celebrouse na aula de informática da Axencia de Colocación de Mos e, durante catro horas, as participantes puideron analizar, de mans de profesionais na materia cal é a súa imaxe en Internet e redes sociais, aprenderon que é a identidade dixital, a reputación online e a privacidade; e recibiron directrices para saber usar ferramentas para mellorar a súa seguridade na rede.

Así mesmo explicóuselles como empregar Internet de forma segura dando pautas de como crear contraseñas, comprobar la fiabilidade das páxinas web que visitan, configurar adecuadamente o nivel de seguridade do navegador, etc.

Ademais déuselles a coñecer casles son os riscos de Internet e puideron estudar cales son as tecnoadiccións e as problemáticas máis graves nas redes tales como Sexting, Sextorsión, Ciberacoso, Grooming, Suplantación de identidade e outras como o Spam e os Malware (virus).

Comentar noticia

Your email address will not be published.