Tania Fernández, Raquel Dacosta, Diego Romeu e Albert Martí vencen na categoría senior do campionato autonómico

Os favoritos para a vitoria, cumpren os prognósticos a dúas semanas do campionato nacional de Sevilla
Por o 25/02/2019 | Sección: Deportes,Piragüismo
Tania Fernández, Raquel Dacosta, Diego Romeu e Albert  Martí vencen na categoría senior do campionato autonómico
O encoro de Pontillón do Castro en Verducido acolleu o onte a primeira proba da tempada piragüística. O pano da competición levantouse coa celebración do Campionato Galego de Inverno 2019, proba que se disputou sobre unha distancia de cinco mil metros para as categorías, Xuvenil, Senior e Veterano. Preto de 450 deportitas tiveron que desprazarse a terras pontevedresas despois de que o venres cambiásese a sede do campionato que se ía a disputar en Castrelo de Miño. A pesar dos cambios de última hora as distintas regatas celebráronse con total normalidade.
 
Diego Romeu do Breogán do Grove levou o seu quinto título de campión de inverno consecutivo en C1 senior, por diante do canoista do Kaiak Tudense Manuel Garrido e Jaime Duro nas filas do E. P. Cidade de Pontevedra. En muller senior canoa a medalla de ouro foi para Raquel Dacosta do Club As Torrres, en segunda posición cruzou a liña de meta Jenifer Casal do EP Cidade de Pontevedra sendo o terceiro posto para Raquel Rodríguez do Piragüismo Portonovo. Polo que respecta ao kaiak senior en mulleres, Tania Fernández do Kaiak Tudense e Natalia García do Breogán, disputaron un bonito sprint, no que levou a vitoria a padeeira tudense por diante de García a terceira praza do podio levoulla Ana Varela tamén do Kaiak Tudense . Pola contra en homes, o deportista do Kaiak Tudense Albert Martí impúxose a Óscar Carreira dle Náutico Firrete e Jaime Sobrado do Piragüismo Olívico.
 
Na categoría xuvenil os distintos vencedores foron Miguel Paz (Piragüismo Verducido), seguido polo seu compañeiro de equipo Joaquín Igrexas, o terceiro posto sería para Gabriel Martínez do Ribeiras do Tambre en kaiak. Manuel Fontán (Náutico O Muiño) logrou gañar na modalidade de canoa por diante de Anxo Lume (Piragüismo Poio) e Martín Jácome (E. P. Cidade de Pontevedra). Pola súa banda Lara Feijóo (Kaiak Tudense) venceu en muller kaiak, Irene Latexe (Ría de Betanzos) foi segunda e en terceiro lugar cruzaba a liña de chegada Fátima Moreira (E. P. Cidade de Pontevedra). Na modalidade de canoa feminina os tres primeiros postos foron para Antía Romeu (Piragüismo Rías Baixas), seguida de Nuria Rodiño (E. P. Cidade de Pontevedra) e Claudia Miguéns tamén do conxunto barbancés
 
Os vencedores nos distintos grupos de idade na categoría veterano na modalidade de kaiak foron: Roberto González (Fluvial O Barco) (35-39), Adolfo Monteagudo (Ría de Betanzos) (40-44), Bernardo Sánchez (Fluvial O Barco) (45-49), Enrique Dobarro (Naval de Pontevedra) (50-54), Francisco Vázquez (Fluvial de Lugo) (55-59), Celso Martínez (E. P. Cidade de Pontevedra) (65-69).
 
Na modalidade de canoa os gañadores foron: Xoxé Vales (Ría de Betanzos) (35-39), Ramón Ferro ( Núatico O Muiño)(40-44), Rafael González-Kaiak Tudense (45-49), Marcelino Cacabelos (Breogán) (50-54).
 
As mulleres vencedoras na categoría veteranos foron: María de Palacio-Piragüismo Olívico(35-39), María Rodríguez-Ría de Aldán(40-44), Rosa María Barros (Náutico Cobres) (45-49).

Comentar noticia

Your email address will not be published.