Tarde accidentada nas estradas en senllos accidentes rexistrados en Vilalba, San Cibrao das Viñas, Vilaboa e Mos

Publicado por o día 17/08/2020 na sección de Galicia,Sucesos

Tarde accidentada nas estradas en senllos accidentes rexistrados en Vilalba, San Cibrao das Viñas, Vilaboa e Mos

En tres dos sinistros; en Mos, Vilalba e San Cibrao das Viñas; foi necesario o uso de material de excarceración para liberar aos ocupantes atrapados no interior de cada un dos vehículos accidentados.

O máis recente sucedeu no concello de Vilalba, onde un turismo tras saírse da vía envorcou quedando coas catro rodas para arriba.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, un muller foi atendida polos servizos sanitarios de urxencia despois de ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba do interior turismo accidentado.

O accidente tivo lugar, ás 13:00 horas, na A-8 sentido Asturias, no punto quilométrico 583. Nese momento, unha persoa que circulaba co seu coche pola autoestrada contactou co 112 Galicia para alertar do sucedido. Indicaba que a condutora podería estar atrapada e ferida no seu interior.

Ademais, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos bombeiros, solicitouse a colaboración dos axentes da Guardia Civil de Tráfico e Policía Local e dos membros de Protección Civil da localidade.

Accidente en San Cibrao

Por outra banda, ás 15:30 horas, dous persoas foron atendidas polos servizos sanitarios de urxencia ao resultar feridas nun accidente entre dous vehículos ocorrido na estrada que une San Cibrao e Ourense, no Alto do Cumial.

Foi a chamada dunha persoa particular ao 112 Galicia o que permitiu activar un operativo no que colaboraron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de San Cibrao, que fixeron uso do material de excarceración para liberar a unha persoa do interior dun dos vehículos, e efectivos de Tráfico. Ademais, foron informados os membros do GES de Pereiro do Aguiar e os voluntarios da Agrupación de Protección Civil da localidade.

Vehículo envorcado en Vilaboa

Tamén, poucos minutos despois, unha persoa resultou ferida tras envorcar co vehículo no que se desprazaba pola N-554, no concello pontevedrés de Vilaboa.

Ocorreu ás 15:45 horas e ao lugar acudiron os profesionais sanitarios para valorar o estado da muller ferida.

Malia envoncar, a ocupante do coche puido ser liberada polo persoal sanitario, polo que, finalmente, descartouse o uso do material de excarceración dos bombeiros.

Cómpre sinalar que este operativo activouse no 112 Galicia grazas á chamada dunha persoa particular e contou coa colaboración dos Bombeiros do Morrazo, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e voluntarios de Protección Civil da localidade.

Aparatoso accidente en Mos

Por último, unha muller resultou ferida ao envorcar o vehículo que conducía despois de saírse da vía, cando circulaba pola A-55, á altura de Mos, dirección Vigo, no concello pontevedrés de Mos.

Segundo as chamadas de alerta de varias persoas particulares ao 112 Galicia, o vehículo, ao saírse da vía chocou contra a mediana da autoestrada e rematou envorcado no carril contrario.

A partir de aí, os xestores do 112 informaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Baixo Miño, aos axentes de Tráfico, da Policía Local, e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Así mesmo, deron conta dos feitos ao persoal do servizo de mantemento da vía.

Finalmente, os bombeiros comunicaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia que foi preciso o uso do material de excarceración, para que a muller puidese ser atendida polo persoal sanitario.

Unha persoa resulta ferida de consideración ao caerlle unha rama enriba en Laxe

Un home foi evacuado en ambulancia ata o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña tras ser golpeado pola rama dunha árbore mentres traballaba nun monte próximo ao lugar A Torre, na parroquia de Sarces, en Laxe.

Nada mais recibir a chamada dun particular, pasados uns minutos das 17:15 horas de hoxe, o persoal do 112 Galicia pasou aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da vila.

As forzas de seguridade tratan de esclarecer as causas do suceso.

Comentar noticia

Your email address will not be published.