O Teatro Afundación de Vigo acolle a representación teatral de Pulgarcito

Asistirán preto de 3450 espectadores, entre escolares e docentes, procedentes de 61 centros escolares de Vigo e arredores.
Publicado por o día 11/11/2016 na sección de Cultura,Vigo

O Teatro Afundación de Vigo acolle a representación teatral de  Pulgarcito

O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá a partir do luns, día 14 de novembro, e ata o venres, 18 de novembro, a representación teatral de Pulgarcito dentro da programación para escolares da Área Educativa da entidade.

Preto de de 3450 persoas, entre alumnos e profesores procedentes de 61 centros escolares da cidade e arredores, participan desta iniciativa estruturada en 2 funcións diarias ás 10.00 e ás 12.00 h. A agrupación Teatro Paraíso será a encargada de versionar este conto clásico. Ademais, esta obra de teatro conta co galardón da terceira edición do Certamen Internacional Barroco Infantil.

A OBRA

Dirixida por Iñaki Rikarte e interpretada por Tomás Fernández e Ramón Monje, Pulgarcito é a versión teatralizada do coñecido conto de Perrault. Nela abórdase a temática do abandono a través da relación que mantén un fillo co seu pai. Trátase dunha adaptación «con moito fondo» e con grandes paralelismos coa realidade da sociedade actual, que divirte e conmove a partes iguais.