O Teatro Afundación de Vigo acollerá o espectáculo de Jorge Blass «Palabra de Mago»

Os días 3 e 4 de xaneiro. O primeiro día con dúas sesións, ás 18.00 e ás 20.30 h., e o segundo día cunha única sesión ás 20.30 h.
Publicado por o día 02/01/2017 na sección de Cultura,Vigo

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o  espectáculo de Jorge Blass «Palabra de  Mago»

Afundación acollerá, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13), o espectáculo do mago Jorge Blass, «Palabra de Mago», que terá lugar os días 3 e 4 de xaneiro con 3 pases. O primeiro día están programadas dúas sesións, ás 18.00 e ás 20.30 h., e o derradeiro día unha única de peche ás 20.30 h. O espectáculo, en palabras de Jorge Blass, «ilusionará a centos, incluso millleiros de persoas que oxalá veñan gozar co mellor engano que poden experimentar, a maxia». As entradas xa están dispoñibles a través das vías habituais de comercialización da entidade: Ataquilla.com ou o teléfono 902 504 500.

O ESPECTÁCULO

«Palabra de Mago» é o derradeiro espectáculo de teatro de Jorge Blass que se estreou o pasado setembro de 2015 en Madrid. Tras colgar o cartel de «esgotadas localidades» na meirande parte das ocasións, chega a Galicia para explorar o mundo da maxia en terra de meigas. O show é unha actualización da lonxeva arte da prestidixitación con ilusións imposibles e levitacións incribles. Actualmente xa non se empregan coellos ou chisteras, senón Ipads ou teléfonos móbiles. Cunha posta en escena moderna, empregando proxeccións audiovisuais así coma un conxunto de bailarinas, o principal obxectivo do show é converterse nunha experiencia memorable e chegar ao público un novo xeito de facer maxia.