O Teatro Afundación Vigo acollerá este mes unha actuación da agrupación musical Los sabandeños

O concerto terá lugar o 12 de novembro ás 20.00 h
Publicado por o día 31/10/2016 na sección de Cultura,Vigo

O Teatro Afundación Vigo acollerá este mes unha actuación da agrupación  musical Los sabandeños

Unha antoloxía que recolle algúns dos mellores boleros da historia do xénero

O Teatro Afundación Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá o vindeiro sábado 12 de outubro ás 20.00 h, un concerto da agrupación popular canaria Los sabandeños.

Un repaso ao pasado e presente do bolero, ademais dun percorrido por algúns dos maiores éxitos da lonxeva carreira deste colectivo musical. As entradas xa están dispoñibles a través das canles habituais de comercialización da entidade: mediante a web de Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

LOS SABANDEÑOS

Los sabandeños comezan a súa actividade musical en 1965. Transcorreron cincuenta anos desde que aquel grupo de amigos do entorno universitario de La Laguna decidise formalizarse como agrupación e iniciase un labor musical ininterrompido, reflectido en máis de 95 traballos discográficos, un valioso arquivo sonoro que recolle parte do legado tradicional, ademais de cancións de creación propia e versións adaptadas.

Fóra do arquipélago canario, Los sabandeños levaron a súa música con grande éxito por toda a xeografía nacional e mesmo realizaron concertos en Bélxica (Parlamento Europeo), Italia, Portugal, Estados Unidos, México, República Dominicana, Puerto Rico, Cuba, Venezuela, Brasil, Uruguai, Arxentina, Colombia e Chile. Os seus discos, con máis de 2.000.000 de copias vendidas, foron editados en moitos destes países, ademais de Xapón.