Teatro do AR estrea a obra ‘Lume’ este sábado no auditorio municipal de Nigrán

Publicado por o día 30/08/2019 na sección de Galicia,Nigrán

Teatro do AR  estrea a obra ‘Lume’ este sábado no auditorio municipal de Nigrán

O Auditorio Municipal de Nigrán acolle este sábado ás 21:00 horas a estrea da obra ‘Lume’ de Teatro do Ar, grupo afeaccionado composto por mozos e mozas do municipio. Escrita polo tamén actor da compañía, Pedro Rodríguez Villar, trátase dunha historia na que maxia e realidade se confrontan coa violencia e o amor nun problema de comuneiros que se dispersa por toda a vila mariñeira de Neira (podería ser Nigrán, Baiona…). Esta historia estará acompañada con música en directo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.