Teatro do ar presenta maña a súa nova comedia “Tolerías” como antesala do inicio do Rilla na Rúa e NigránJazz

Publicado por o día 23/07/2018 na sección de Eventos,Galicia,Nigrán

Teatro do ar presenta maña a súa nova comedia “Tolerías” como antesala do inicio do Rilla na Rúa e NigránJazz

A compañía de teatro afeccionado de Nigrán ‘Teatro do Ar’ estrea mañá martes ás 21:30 horas no escenario ao aire libre da Foz (A Ramallosa, onde o Nigranjazz) a súa comedia ‘Tolerías’. A obra, escrita por Pedro Rodríguez, un dos integrantes do grupo, relata unha historia que se desenvolve nun bar cheo dos personaxes máis absurdos. A compañía é xa unha habitual nos programas culturais do Concello e nesta ocasión a representación será a antesala ao evento gastronómico Rilla na Rúa (que comeza ao día seguinte, o mércores 24) e o Nigránjazz, que terá lugar no mesmo escenario este venres e sábado. Antes, o día 25, celebrarase o concerto do coro Gli Apassionati no CPI de Panxón ás 22:00 horas.