Teatro do Ar presenta Naufraxio no centro cultural O Torreiro de Priegue

Publicado por o día 07/09/2017 na sección de Cultura,Galicia,Nigrán

A compañía de teatro afecionado de Nigrán “Teatro do Ar” presenta mañá venres no Centro Cultural O Torreiro de Priegue ás 22.00 horas a obra “Naufraxio”, escrita e montada íntegramente polo grupo. Trátase dun drama de actualidade onde se tocan temas como a corrupción, o amor e a enfermidade.

A entrada é de balde.