Teatro infantil, danza e música, a oferta cultural do Concello para este luns

As festas da cidade continúan este luns adaptadas á “nova normalidade”, con catro eventos ás 20:30 horas en diferentes puntos da cidade: o “Festival Folclórico Internacional” en Bembrive, “Vigo, un mar de bandas” na Porta do Sol, ViKul en Bouzas e a obra teatral “O pequeno coello branco” en Castrelos. Todas con entrada gratuíta.
Publicado por o día 27/07/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Teatro infantil, danza e música, a oferta cultural do Concello para este luns

O XXVI Festival Folclórico Internacional chega ao torreiro de Bembrive este luns ás 20:30 horas coas actuacións de Tango Galicia, Pasos, Bambalina, Media Punta, Susana Castro, Ngundi, Unidance e Allegro. Á mesma hora actúa na Porta do Sol a banda de música Delicias do CCR de Cabral, dentro do ciclo “Vigo, un mar de bandas”.

O programa para a xornada complétase coa representación en Castrelos da obra de teatro musical infantil “O pequeno coello branco”, dirixido a público de entre dous e oito anos. Por último, o certame de danza urbana ViKul estará esta tarde en Bouzas, tamén ás 20:30 horas e con acceso de balde.

Comentar noticia

Your email address will not be published.