“Tecín soia a miña tea” – Unha homenaxe a Rosalía de Castro

Publicado por o día 16/02/2018 na sección de Galicia,Pazos de Borbén

“Tecín soia a miña tea” – Unha homenaxe a Rosalía de Castro

O inicio das actividades de Animación á Lectura en BiblioPazos deste ano 2018. Esta primeira actividade “TECÍN SOIA A MIÑA TEA” será levada a cabo pola actriz Ana Hermida da Asociación Cultural Lisístrata e consiste nunha homenaxe á Rosalía de Castro da que celebraremos o próximo día 24 de febreiro o 181 aniversario do seu nacemento.

Terá lugar no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén o próximo martes día 20 de febreiro e con ela inician a programación deste ano 2018.