Técnicos da Consellería de Medio Ambiente, coa colaboración de persoal do Concello, empezan a realizar catas o martes que ven na zona de Pereira-Contrasto para establecer zonas nas que puidese haber lindano

Publicado por o día 22/01/2018 na sección de Galicia,O Porriño

Técnicos da Consellería de Medio Ambiente, coa colaboración de persoal do Concello, empezan a realizar catas o martes que ven na zona de Pereira-Contrasto para establecer zonas nas que puidese haber lindano

O vindeiro martes, día 23, dende as 10 e media da mañá, técnicos da Consellería de Medio Ambiente, coa colaboración de persoal do Concello do Porriño, empezarán a realizar diferentes catas en Pereira -O Contrasto, da cara a establecer as zonas nas que puidese atoparse lindano.

Os traballos, que contarán con especialistas da empresa App Plus, contratada pola Xunta de Galicia, durarán unha semana e consistirán na apertura de foxos, a recollida de mostras, o peche das fochas con grava e a análise das mesmas.