Técnicos determinan que non se aprecian “síntomas de esgotamento da estrutura” de Marcador

Un informe en profundidade de Galaicontrol do ano 2013 e unha inspección de Zubia Ingenieros deste pasado 28 de novembro revelan que “non se aprecian síntomas de esgotamento da estrutura” de Marcador, no estadio de Balaídos, segundo revelou este luns Caballero.
Publicado por o día 17/12/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Técnicos determinan que non se aprecian “síntomas de esgotamento da estrutura” de Marcador

En rolda de prensa, o alcalde explicou que o pasado 28 de novembro deste mes, un enxeñeiro externo -experto en cálculo de estruturas- da empresa Zubia Ingenieros realizou unha inspección visual de Marcador da que se desprende que non se aprecia “síntomas de esgotamento da estrutura” da bancada.

Abel Caballero abondou en que se detectaron fallos en xuntas en Marcador que hai que selar. Ao respecto, o alcalde anunciou para xaneiro o comezo dun proxecto para acometer a reparación destas “pequenas deficiencias”, pero “sen que exista síntoma de esgotamento da estrutura”.

Ademais, o alcalde citou un informe en profundidade sobre a estrutura do estadio elaborado por Galaicontrol no ano 2013. Sobre a bancada de Marcador, o análise concluíu a existencia de roturas e “desconchóns” no cemento que foron reparados “seis meses despois” da emisión do citado ditame, no mes de outubro do 2013.