Teis, celebra a súa festa veciñal na ETEA este domingo 15 de setembro

Publicado por o día 13/09/2019 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

Teis, celebra a súa festa veciñal na ETEA este domingo 15 de setembro

A Asociación Veciñal de Teis, celebra este vindeiro domingo 15 de setembro, a súa festa anual na praza da ETEA. A XIV festa veciñal inclúe unha ampla xornada de actividades durante todo o domingo.

Este é o quinto ano, que celebramos a festa da asociación na ETEA, co obxectivo de reivindicar a recuperación total destes terreos, que se atopan nunha situación de abandono desde a saída dos militares. E o potencial deste espazo para a realización de eventos culturais.

A celebración comeza ás 12:30 horas, coa actuación das pandeiretas “As Bubelas“, ás 14:00 horas, desenvolverase o xantar na propia praza, previa inscrición no local da asociación até este venres 13.

Haberá actividades para os/as nenos/as desde ás 17:00 horas ate ás 20:00 horas, funcionaran inchábeis de tobogáns acuáticos e ás 18:00 horas contacontos.

Este ano contamos coa colaboración do Instituto de Investigacións Mariñas, que montará uns obradoiros para explicar as actividades de investigación que desenvolve este centro en Bouzas.

O programa de actuacións inclúe ás 17:30 horas a actuación do grupo L’ Danza, ás 18:00 horas actuación do grupo folclórico de Paredes de Coura (Portugal) e o grupo de gaitas da asociación, ás 19:30 horas actuación das pandeiretas de Bembrive e ás 20:00 horas actuación do grupo de acordeóns Helios de Bembrive.