Teis, celebra a súa festa veciñal na ETEA este domingo 16 de setembro

Publicado por o día 12/09/2018 na sección de A.V. Teis,Eventos,Galicia,Social,Vigo

Teis, celebra a súa festa veciñal na ETEA este domingo 16 de setembro

A Asociación Veciñal de Teis, celebra este vindeiro domingo 16 de setembro , a súa festa anual na praza da ETEA. A XIII festa veciñal inclúe unha ampla xornada de actividades durante todo o domingo.

Este é o cuarto ano, que celebramos a festa da asociación na ETEA, co obxectivo de reivindicar a recuperación total destes terreos, que se atopan nunha situación de abandono desde a saída dos militares. E o potencial deste espazo para a realización de eventos culturais.

A celebración comeza ás 12:30 horas, coa actuación da Banda Escola de Beade, ás 14:00 horas, desenvolverase o xantar na propia praza, previa inscrición no local da asociación até este venres 14.

Desde ás 17:00 horas ate ás 20:00 horas, funcionaran inchábeis de tobogáns acuáticos.

O programa de actuacións inclúe os grupos de gaitas da asociación e de Pardavila ás 17:30 horas, Vento Mareiro -Forza 5 ás 19:00 horas e do grupo folk Pes na Rúa de Pereiras, Mos ás 20:00 horas.