Teis quere parques infantís

O goberno municipal anunciou hai un ano a remodelación do parque de Pedro Alvarado
Publicado por o día 22/09/2018 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

Teis quere parques infantís

A Asociación Veciñal de Teis, levan anos reivindicando a necesidade de mellorar os parques infantís existentes e a construción dun novo parque infantil, para cubrir a demanda destas instalacións por parte da veciñanza.

Un dos parques infantís, máis utilizados pola veciñanza de Teis, é o da rúa Pedro Alvarado, a pesar do seu reducido espazo e das súas carencias.

En xuño de 2017, realizamos unha asemblea e  da convocatoria dunha concentración, diante do parque infantil de Pedro Alvarado, esixindo ao goberno municipal a mellora dos parques infantís existentes e  a construción dun novo parque infantil, ao ser insuficientes os parques infantís actuais. Ao día seguinte da celebración da asemblea e da convocatoria da concentración, o goberno municipal anunciaba El parque infantil de Pedro Alvarado, se transfomará en una gran área de juegos” .

O obxectivo deste anuncio non  era outro que desmobilizar a veciñanza, pois máis dun ano despois o parque infantil de Pedro Alvarado, segue no mesmo estado de abandono.

Teis quere parques

Desde a Asociación Veciñal de Teis, ademais  da remodelación do parque infantil de Pedro Alvarado, consideramos que  é necesario a construción de máis parques infantís, que cubran as necesidades das familias de Teis.

No período de información pública do orzamento xeral  do Concello de Vigo para este ano 2018,  solicitamos a  inclusión dunha nova partida de 250.000 euros, para a construción dun novo parque infantil, que o goberno municipal non aceptou.

En Teis hai espazos para construción dun grande parque infantil, como por exemplo no terreo municipal que se atopa abandonado, na rúa Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres fronte ao Auditorio de Teis. Nos anos 2011, 2014    que este terreo se destinara a parque infantil, sen até o de agora  recibir ningunha resposta.

Temos dous grandes parques  A Guía e a Riouxa. No caso da Guía, non hai ningún parque infantil e na Riouxa, o parque infantil é moi pequeno.  É moi curioso que a parroquia de Chapela, con menos espazos verdes conte con mellores parque infantís.