Teis solicitou a intervención no pleno, para tratar a mellora do autobus ao Hospital Álvaro Cunqueiro

A Asociacion Veciñal xa leva recollidas 3100 sinaturas entre a veciñanza
Publicado por o día 18/10/2016 na sección de A.V. Teis,Sanidad,Social,Vigo

Teis solicitou a intervención no pleno, para tratar a mellora do autobus ao Hospital Álvaro Cunqueiro

A Asociación Veciñal de Teis, solicitou por escrito a través do rexistro xeral do Concello de Vigo, a dun representante desta asociación, no pleno municipal deste mes de outubro, para expor a problemática da mellora do transporte en autobús desde Teis ao hospital Alvaro Cunqueiro.

Xa levamos recollidas até o de agora 3100 sinaturas, para reivindicar do Concello de Vigo, un autobús directo desde Teis ao Hospital Alvaro Cunqueiro. Esta campaña iniciouse fai varias semanas e ímola continuar nas vindeiras semanas.

Logo do éxito das mobilizacións do pasado 27 de setembro e do 11 de outubro, a asociación convoca unha nova manifestación o martes 25 de outubro ás 19:00 horas, desde o mercado de Teis.

Desde a apertura do novo hospital Álvaro Cunqueiro, disto fai un ano, as queixas son continuas da veciñanza que utiliza o autobús urbano cara o novo hospital desde Teis.

A veciñanza de Teis, ten que desprazarse ate a avenida de García Barbón (Casa de Artes e Oficios) H1 ou até os Choróns H2 para poder conseguir un enlace para ir ao novo hospital.

Non hai ningunha liña que pase ou saia da parroquia de Teis. A liña H1, non funciona nin sábados, domingos e festivos.

Debemos ter en conta que unha parte importante dos/as usuarios/as son persoas maiores e supón un problema ter que coller varios autobuses, os domingos e festivos chegar ao Álvaro Cunqueiro supón un esforzo enorme para visitar aos familiares.

Temos un hospital con moitas deficiencias e a maiores carecemos dun bo transporte urbano que nós permita chegar ao hospital desde Teis.

Desde a Asociación entendemos que debe ser unha prioridade mellorar a conexión do autobús urbano co hospital Álvaro Cunqueiro desde Teis.

O goberno municipal debe esixir a empresa concesionaria “ Vitrasa “ que mellore este servizo debidamente e que atenda as demandas da veciñanza de Teis.

A Asociación xa solicitou dúas xuntanzas coa Concellaría de Transporte unha o pasado ano e outro neste, sen recibir até o de agora ningunha resposta.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, propoñemos que a liña H2 e H1 sexan ampliadas até Teis e que a liña H1 funcione os sábados, domingos e festivos e cunha frecuencia de 30 minutos.