Telecinco é a canle con máis audiencia e os informativos de Antena 3, os máis vistos no 2018

As audiencias acumuladas consolidan a Telecinco como a canle máis vista no 2018, un ano no que os servizos informativos de Televisión Española perderon o liderado, superados a moi curta distancia polos de Antena 3 e Telecinco

As audiencias acumuladas consolidan a Telecinco como a canle máis vista no 2018, un ano no que os servizos informativos de Televisión Española perderon o liderado, superados a moi curta distancia polos de Antena 3 e Telecinco.

Co ano novo chegan os balances do sucedido ao longo do 2018. Entre eles, os datos das audiencia de televisión de decembro publicados por Barlovento Comunicación, que nos permiten facer un resumo das tendencias das espectadoras e espectadores no pasado ano.

Telecinco volveu ser líder de audiencia a nivel estatal, cun 14,1% da cota de pantalla, oito décimas máis que no 2017. Aumenta así a diferencia respecto a Antena 3, que se sitúa segunda cun 12,3% de share, seguida de La 1 (10,5%); laSexta, (6,9%) ou Cuatro, (6%). O ranking das canles xeneralistas máis vistas mantense así inamovíbel desde 2014.

Máis novidades hai nas audiencias dos servizos informativos. Televisión Española volve perder o liderado que recuperara o ano pasado, esta vez en favor dos telexornais de  Antena 3, que se colocan como os máis vistos con 1.911.000 espectadores, por diante dos de Telecinco e dos de La 1. Con todo, a pouca distancia entre a audiencia destas tres canles fai que se poida considerar a situación como un empate técnico, xa que a diferencia foi menor a unha décima de rating, que equivale a 44.601 espectadores.

En Galicia, a faixa informativa das 13.30 ás 15.30 horas da TVG é a máis destacada do día, cunha cota de pantalla do 17,7%. A Televisión de Galcia mantense como a segunda canle máis vista na nosa comunidade, despois de Telecinco, e é, cun 10% de share, a segunda autonómica con máis audiencia, tras TV3.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM