Tellado asegura que o acordo entre o PP de Ourense e Democracia ourensana garante “gobernos estables, centrados no crecemento e preocupados polos servizos públicos”

O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, asegurou Hoxe que o acordo acadado entre o Partido Popular de Galicia e Democracia Ourensana “é moi positivo para os intereses de Ourense, xa que garante gobernos estables, gobernos centrados no crecemento económico e gobernos preocupados pola mellora dos servizos públicos tanto no concello con en toda a provincia”. Neste sentido, criticou que o Partido Socialista rexeitara a proposta realizada polo PPdeG para que gobernara a lista máis votada nos concellos e deputacións galegos, polo que asegurou que “o único culpable de que o PSOE non goberne o concello de Ourense é o propio Partido Socialista; e os únicos culpables de que Rafael Villarino non sexa o alcalde Ourense son o propio Rafael Villarino e Gonzalo Caballero”.
Publicado por o día 18/06/2019 na sección de Partido Popular,Política

Miguel Tellado lembrou que desde o PPdeG, “en consonancia coa máxima que levamos anos defendendo, ofrecémoslle ao Partido Socialista, e tamén ao BNG, un acordo que permitise gobernar a lista máis votada nos concellos e nas deputacións, xa que entendemos que é o máis respectuoso coa vontade dos cidadáns”. “Esta proposta era clara, transparente e moi concreta, cun criterio único: que beneficia nalgúns lugares e prexudica noutros, pero que entendíamos e entendemos que é o criterio que máis se asemella ao que os nosos veciños din nas urnas”, apuntou.

LIBERDADE DE NEGOCIACIÓN

“Ante a negativa do PSdeG a aceptar esta proposta, desde o PPdeG ofrecemos total liberdade de negociación ás súas direccións locais e provinciais, o que derivou no acordo de gobernabilidade entre o Partido Popular de Ourense e Democracia Ourensana, que ten incidencia tanto no Concello coma na Deputación”, sinalou.

Tellado asegurou que con este acordo “se consegue darlle á cidade e á provincia de Ourense estabilidade e garantir a gobernabilidade, algo que a nivel municipal non tivemos nos últimos catro anos para conseguir aprobar os orzamentos ou sacar adiante o novo Plan Xeral”. Neste sentido, desexou “o mellor dos éxitos a este goberno municipal, porque os seus acertos serán o mellor para a cidadanía de Ourense, que precisa de estabilidade política”.

“Celebro que o PP de Ourense e Democracia Ourensana chegasen a un acordo de programa e non a un reparto de cadeiras tanto no Concello como na Deputación Provincial, como pretendía o Partido Socialista mercadeando coas institucións”, sinalou.