O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, lamentou o feito de que, dende que o BNG fixo presidente a Pedro Sánchez co seu voto, o Goberno non faga máis que desprezar a Galicia. Para o dirixente popular, eses agravios empezan coa incautación de cartos referidos a recadación dunha mensualidade do IVE na Comunidade, prosigue cunha rebaixa severa nos investimentos dos cartos destinados aos galegos nos Orzamentos xerais do Estado, e continúa agora co incumprimento na promesa feita polo Goberno de rebaixar as peaxes na AP9.
Tellado lembrou que o PP rexistrou no Congreso dos deputados unha petición de comparecencia do Ministro Abalos para explicar, onde están as bonificacións que el mesmo prometeu durante as pasadas eleccións autonómicas nesa autoestrada. Ademais, lembrou que a subida das peaxes é dobremente lesiva para Galicia, pois mentres que na AP9 aumentan os prezos redúcense no resto de autoestradas de toda España.
“É evidente que Pedro Sánchez prefire cumprir os seus compromisos con Audasa que cos galegos”, di.
O número dous dos populares lembrou que o pacto entre Ana (Pontón) e Adriana (Lastra) incluía a transferencia da AP9 e a gratuidade do tramo entre Vigo e Redondela. Sen embargo, este novo engano dos socialistas aos galegos en xeral e ao BNG en particular en nada afecta ás relacións entre PSOE y Bloque, porque los nacionalistas xa teñen dadas sobradas mostras de non estar sobrados de orgullo. É máis, pese as continúas traizóns seguen dando o seu apoio en concellos e deputacións ao partido que sistemáticamente incumpre os seus acordos con eles.
“Agora ameazan con saír a rúa. Que saian dos gobernos si é que queren ser coherentes”, engade.
Por outra banda, o dirixente popular quixo tamén agradecer os esforzos feitos polo persoal sanitario neste complicado proceso de vacinación contra a Covid-19. Tellado pediu ao Goberno que axilice o envío de máis doses e que o faga seguindo criterios obxectivos, apartidistas, e que teñan en conta as particularidades dos territorios con máis poboación de risco. Tamén valorou a resposta do sistema sanitario galego, que si ben tivo un reforzo orzamentario continuado por parte da Xunta durante os últimos anos, está a aguantar perfectamente as tensións xeradas pola pandemia gracias ao esforzo dos seus profesionais.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.