Tenta darse á fuga co seu coche, da positivo en cocaína e tenta darse a fuga correndo da polícia local de Vigo

Publicado por o d√≠a 21/01/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Tenta darse á fuga co seu coche, da positivo en cocaína e tenta darse a fuga correndo da polícia local de Vigo

Esta mesma madrugada √°s 00:19 horas, na r√ļa Mart√≠nez Garrido atop√°banse os Axentes do SINTRA realizando labores de vixilancia e control no √°mbito da prevenci√≥n materia de Seguridade Viaria.

En atención a ese labor observaron ao condutor dun turismo que, ao decatarse da presenza da unidade, comezou a acelerar a marcha, pasando un grupo semafórico en ámbar, a pesar de ter a obrigación de decelerar e deterse, mostrando intención de eludir á patrulla.

Debido a ese conduta, os axentes procederon a deter o vehículo co fin de identificar ao citado, que resultou ser M. R. T, de Vigo e 50 anos de idade.

Durante a entrevista co aludido, os actuantes comprobaron que ti√Īa signos externos do posible consumo recente de substancias estupefacientes.

A tal obxecto, sometéuselle ao preceptivo test de drogas, arroxando esta proba un resultado positivo en cocaína.

O home √≠a acompa√Īado dunha muller, √° cal tam√©n filiaron, resultando ser M. C. L. P, de Xix√≥n e 52 anos de idade.

Realizando a identificaci√≥n do condutor, procederon √° verificaci√≥n dos seus datos telem√°ticamente, pescudando que ti√Īa en vigor unha privaci√≥n de tenencia de armas por malos tratos f√≠sicos en √°mbito familiar, suspensi√≥n de pena de prisi√≥n e orde vixente de afastamento dunha muller, que resultou ser a que lle acompa√Īaba nese momento.

En atención a este feito procederon á detención do home pola comisión dun Delito de Quebrantamento de condena, ou medida cautelar.

Finalizando a intervenci√≥n, procederon √° retirada e inmobilizaci√≥n do veh√≠culo, solicitando o aludido retirar uns ave√Īos do interior, accedendo a ese particular os axentes.

O apuntado aproveitou esa circunstancia para tratar de fuxir á carreira, que durou pouco, ao ser interceptado polos actuantes apenas percorridos uns 75 metros, tras o cal pasou a disposición xudicial.

Comentar noticia

Your email address will not be published.