Terceiro día de busca en Riazor para localizar á moza que caeu ao mar o Venres Santo

Publicado por o día 01/04/2018 na sección de Sucesos

Terceiro día de busca en Riazor para localizar á moza que caeu ao mar o Venres Santo

Os servizos de emerxencias retomaron esta mañá as labores de busca da moza que o pasado Venres Santo foi arrastrada por unha onda na Praia de Riazor, na Coruña.

Deste xeito, cúmprese o terceiro día de busca no areal coruñés, onde están a participar unha ducia de mergulladores do equipo de bombeiros da cidade, da Cruz Vermella e da Escola de Mergullo, que están a aproveitar a baixamar para rastrexar a zona de acantilados.

Así o comunicou ao 112 o persoal da Área de Emerxencias da Xunta de Galicia na Coruña, que nestes días está a colaborar co operativo de busca formado o pasado venres en Riazor, cando se recibiu no CIAE 112 a chamada de auxilio dunha persoa que perdera de vista á súa amiga despois de que se achegase á praia.

Ademais dos mergulladores, continúan traballando na zona os equipos de Salvamento Marítimo e a Cruz Vermella.