Teresa Egerique: ”Se algo funcionou de xeito impecable foi o dispositivo sanitario desenvolvido no sinistro do Marisquiño”

A deputada popular indicou o “descontrol absoluto do Concello de Vigo” pola contra da “eficiencia do Goberno galego que vai dar a cara no Parlamento coa comparecencia do Vicepresidente”
Publicado por o día 30/08/2018 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

Teresa Egerique: ”Se algo funcionou de xeito impecable foi o dispositivo sanitario desenvolvido no sinistro do Marisquiño”

A deputada popular Teresa Egerique indi-cou hoxe na súa intervención na Deputación Permanente do Parlamento que “se algo funcionou de xeito impecable, se hai algo do que nos sentimos abso-lutamente orgullosos os vigueses e os galegos é do dispositivo sanitario de-senvolvido no sinistro do Marisquiño”. “A coordinación foi áxil, eficaz e, sobre todo, resolutiva, salvaron vidas e atenderon aos familiares e afectados de xei-to impecable” insistiu a voceira popular.

A deputada fixo relatorio de todos os recursos mobilizados para atender ás 467 persoas feridas, a coordinación exercida polo conselleiro de Sanidade e o xerente da EOXI de Vigo no servizo de urxencias do Álvaro Cunqueiro e a disposición “desde o primeiro momento” de todo o Goberno galego encabeza-do polo Presidente da Xunta.

Teresa Egerique defendeu a posición do PPdeG respecto da solicitude da convocatoria dunha sesión extraordinaria do Pleno “a dous días de comezar o período ordinario” indicando que precisamente esa situación ademais da comparecencia solicitada xa polo Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, para dar conta no pleno ordinario e o pleno monográfico que se celebrará en Vigo foron as razóns para votar en contra da celebración deste pleno.

O “ALCALDE ELOCUENTE” BAIXA A CABEZA

Teresa Egerique insistiu en que Vigo é a cidade e o escenario onde se ten que aclarar e o goberno local ten que manifestarse con transparencia “porque nós desde o PPdeG non variamos o discurso segundo convén e tamén pode-ríamos preguntarlles onde estaban o Subdelegado do Goberno, o Secretario xeral do seu partido ou o propio concelleiro de Seguridade, que xa vemos que o PSdeG está en mans de Abel Caballero e non do seu Secretario xeral”.

Segundo a deputada popular “o alcalde elocuente agora baixa a cabeza, xa non fala coa mesma contundencia que antes, leva 15 días insultando e acu-sando a outras administracións e a outros políticos e ocultando, ata fai dous días, o expediente do Marisquiño”. Eso é unha demostración, segundo indicou Teresa Egerique “do descontrol absoluto do Concello de Vigo que agora pro-hibe as festas de San Roque, precinta o paseo de Bouzas ou pon trabas ás festas de Teis”.

”Todo o contrario ao Goberno autonómico, quen actuou con eficiencia e dis-creción, un Goberno que vai dar a cara no Parlamento coa comparecencia do Vicepresidente e do que cabe salientar o seu bo facer no que atinxiu as súas competencias, como foron as emerxencias sanitarias”, indicou Teresa Egeri-que.

LEI GALEGA DE ESPECTÁCULOS PÚBLICOS

Para a deputada popular “á hora de realizar debates políticos temos que ter en conta tamén que existe unha investigación xudicial aberta, ante a que amosamos todo o noso respecto e que será quen determine realmente as causas e as responsabilidades”. Así mesmo, indicou que a garantía de futuro está no cumprimento das normas e das leis, “como neste caso a Lei de Es-pectáculos Públicos de Galicia xa que o seu cumprimento ofrece garantías aos galegos e aos responsables da celebración de eventos, independente-mente do concello no que vivan”.