Teresa Narciso formará parte da candidatura de Marea Pontevedra para as municipais

Foi unhas das seis primeiras mulleres en formar parte da Policía Local de Pontevedra.
Publicado por o día 18/03/2019 na sección de Galicia,Marea de Pontevedra,Política,Pontevedra

Teresa Narciso formará parte da candidatura de Marea Pontevedra para as municipais

Hoxe luns non acudirá a homenaxe que lle fai o Concello de Pontevedra por unha ‘cuestión de dignidade’.

Recentemente xubilada, Teresa Narciso da o salto á política local e o fai da man do equipo de Marea Pontevedra. Sempre pioneira, cómpre lembrar que no 1985 foi unha das seis primeiras mulleres da Policía Local de Pontevedra, aspira a achegar a política á xente, algo que xa fixo durante este tempo: ‘O máis bonito do meu traballo foi serlle útil a cidadanía de Pontevedra. Disfrutei enormemente axudando a mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza’

O único que lamenta dunha carreira laboral máis que gratificante é a falta de recoñecemento por parte do goberno e o maltrato ao que someten as súas traballadoras. A súa retirada chega nun conflito laboral similar ao que xa viviu no ano 2007: ‘Non pedimos nada máis que os dereitos que nos corresponden, equiparación salarial, respecto e a posibilidade de desenvolver unha carreira laboral no Concello de Pontevedra’. Por este motivo non acudirá á homenaxe que lle fará o Concello de Pontevedra este luns co gallo da súa xubilación :’É unha cuestión de dignidade’.

Para Marea Pontevedra é un orgullo contar con Teresa Narciso por representar perfectamente o espírito do colectivo cidadá, pois estamos falando dunha muller feminista, inconformista, soñadora e, por riba de todo, con moitas gañas de traballar para mellorar a calidade de vida de toda a xente de Pontevedra.

Comentar noticia

Your email address will not be published.