The New Dream Team, Los Monchitos e Unión Penosa, campións do 5 torneo de baloncesto 3×3 do C.B. Seis do Nadal Coia

Publicado por o día 23/08/2015 na sección de Baloncesto,Deportes

The New Dream Team, Los Monchitos e Unión Penosa, campións do 5 torneo de baloncesto 3×3 do C.B. Seis do Nadal Coia

– Participaron un total de 47 equipos, superando os 34 equipos da pasada edición

– Máis de 200 xogadores e xogadorsa na edición con maior participación

– Disputáronse 118 partidos en total entre as tres categorías (minibásquet, infantil/cadete e júnior/sénior)

O club Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizaou os pasados días 21 e 22 de agosto do 2015 a Quinta Edición do seu Torneo de Baloncesto 3×3 nas pistas do Colexio Seis do Nadal no barrio de Coia, pistas que levan todo o mes de agosto sendo o escenario dos primeiros adestramentos da tempada dun gran número de equipos da entidade viguesa.

Esta nova edición do torneo contou cun total de 47 equipos inscritos (4 equipos de minibásquet, 19 equipos de categoría infantil/cadete e 24 de categoría júnior/sénior) superando así os 37 equipos inscritos na tempada pasada 2013/2014. Na tarde do venres día 21 de agosto do 2015 saltaron á pista os equipos de categoría minibásquet, infantil e cadete; sendo na xornada do sábado día 22 de agosto o turno da competición de categoría júnior e sénior.

Máis de 200 xogadores e xogadoras participaron no Torneo 3×3 do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia. Happys, Vigo Bulls, Chocoteam, Los Benancios, Composwin, Básket Dead, Teen Beach Básket, Los Peta-Zeta, Bákset Danger, Meu Rei, Pam Pam, Ladies 23, Kitapena e Persebeiros foron o nome dalgúns dos equipos que participaron no torneo.

Despois da disputa dos preto de 120 partidos os conxuntos campións desta quinta edición foron The New Dream Team en categoría minibásquet, Los Monchitos en categoría infantil-cadete; e o equipo Unión Penosa en categoría júnior-sénior. Os combinados subcampións das tres categorías foron Liada, Chocoteam e Sangra Bonito.

PRENSA ÁREA DEPORTIVA BALONCESTO SEIS DO NADAL COIA