The Pretenders, Roger Hodgson e Uxía e a Filharmónica de Galicia, no II Festival Illas Cíes

O rexedor avanzou parte do cartel da segunda edición do festival, enmarcado nas festas de Vigo, co que o Concello promove a candidatura das Cíes como Patrimonio Natural da UNESCO. Os concertos celebraranse en Castrelos e no Auditorio Mar de Vigo entre o 20 de xullo e o 14 de agosto.
Publicado por o día 09/06/2017 na sección de Concello de Vigo,Cultura,Vigo

The Pretenders, Roger Hodgson e Uxía e a Filharmónica de Galicia, no II Festival Illas Cíes

Seis concertos conformarán a segunda edición do Festival Illas Cíes que programa concertos no Parque de Castrelos e no Mar de Vigo durante as festas de verán da cidade. Abel Caballero explicou que con esta nova proposta “queremos seguir consolidando un gran evento musical en Vigo, como un festival de referencia para actuacións exclusivas e citas con grandes artistas internacionais”.

The Pretenders abre o festival o 20 de xullo, no auditorio de Castrelos. A banda liderada por Chrissie Hynde, presentará o seu disco “Alone” tras oito anos de silencio, “un magnífico principio”. A segunda cita será o 21 de xullo no Auditorio Mar de Vigo co concerto de “Uxía e a Real Filharmonía de Galicia”. O alcalde apuntou que a artista repasará os seus 35 anos de carreira, acompañada polos músicos da orquestra. Roger Hodgson, antigo líder e voz icónica de Supertramp tocará o 14 de agosto no Auditorio Mar de Vigo.

Para Caballero, o festival é unha acción máis de promoción da candidatura do arquipélago como Patrimonio da Humanidade.