Todo listo para a adxudicación do proxecto de mellora da seguridade viaria na EP – 2204 Sabarís – Belesar en Baiona

A actuación da Deputación supón un investimento de máis de medio millón de euros e contempla reposicións do firme na totalidade da estrada, a instalación de redutores de velocidade e a renovación da sinalización
Publicado por o día 16/01/2021 na sección de Baiona,Deputación de Pontevedra,Galicia

Todo listo para a adxudicación do proxecto de mellora da seguridade viaria na EP – 2204  Sabarís – Belesar en Baiona

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente de contratación para a adxudicación das obras de reposición do firme nos 6,3 quilómetros da EP – 2204 Sabarís – Belesar, no termo municipal de Baiona. Esta actuación, que conta cun orzamento de 541.310 euros, permitirá repor o firme da estrada, instalar redutores de velocidade para o acoutado do tráfico, modificar a sinalización vertical existente e renovar a horizontal.

Máis polo miúdo, no que atinxe ao aglomerado do viario, procederase ao saneamento dun tramo de 1.500 metros da estrada e renovarase a capa de rodadura nunha área de 34.500 metros cadrados. Desta superficie, en 13.500 metros executarase previamente un tratamento superficial, e nos outros 21.000 acometerase ao fresado.

Este proxecto, que constitúe unha actuación transformadora na mobilidade entre dúas parroquias moi importantes de Baiona, enmárcase no modelo de mobilidade amable, segura e sostible que desenvolve a Deputación provincial co obxectivo de garantir a accesibilidade viaria no conxunto da rede de estradas provinciais.

Comentar noticia

Your email address will not be published.