Todo listo para a adxudicación do proxecto de mellora da seguridade viaria na EP – 2204 Sabarís – Belesar en Baiona

A actuación da Deputación supón un investimento de máis de medio millón de euros e contempla reposicións do firme na totalidade da estrada, a instalación de redutores de velocidade e a renovación da sinalización

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente de contratación para a adxudicación das obras de reposición do firme nos 6,3 quilómetros da EP – 2204 Sabarís – Belesar, no termo municipal de Baiona. Esta actuación, que conta cun orzamento de 541.310 euros, permitirá repor o firme da estrada, instalar redutores de velocidade para o acoutado do tráfico, modificar a sinalización vertical existente e renovar a horizontal.

Máis polo miúdo, no que atinxe ao aglomerado do viario, procederase ao saneamento dun tramo de 1.500 metros da estrada e renovarase a capa de rodadura nunha área de 34.500 metros cadrados. Desta superficie, en 13.500 metros executarase previamente un tratamento superficial, e nos outros 21.000 acometerase ao fresado.

Este proxecto, que constitúe unha actuación transformadora na mobilidade entre dúas parroquias moi importantes de Baiona, enmárcase no modelo de mobilidade amable, segura e sostible que desenvolve a Deputación provincial co obxectivo de garantir a accesibilidade viaria no conxunto da rede de estradas provinciais.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM