Toman a tramite unha demanada no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo abandono do Barrio do Cura

Publicado por o día 23/10/2018 na sección de Galicia,Vigo

Toman a tramite unha demanada no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo abandono do Barrio do Cura

O 16 de outubro de 2018, despois dunha dobre demora provocada pola folga da xustiza e definición do tribunal competente no asunto (entre o Xulgado de Contencioso Administrativo de Vigo e o Tribunal Superior de Xustiza), o segundo considerou que era súa a competencia e admitiu a demanda presentada polo integrante da Horta Colectiva do Berbés, Uxío Reinoso Maset.

A demanda, (presentada o 11 de Xaneiro do 2018 ante os tribunais de Vigo), ten como fondo o abandono do inmobles propiedade dos especuladores (inicialmente Valery Karpin S.L., e actualmente Barrio del Cura Desarrolo S.L), e a corresponsabiliade do Concello no mantemento destes inmobles e vias públicas de titularidade municipal (que tamén conforman o Conxunto Histórico declarado BIC), asi como a omisión e inacción do Concello de Vigo e a Dirección Xeral de Patrimonio ante as repetidas denuncias e demanadas da cidadanía pola conservación do Barrio do Cura e o resto do ámbito urbanístico que adoptou ese nome.

Mais concretamente denunciose o derrube parcial acontecido nas casas nº 10,11,12 e 13 do Barrio do Cura (que amais de pertencer ao BIC Casco Vello, están declaradas como elementos a “conservar integramente” polo catalogo do PEPRI do Casco Vello de Vigo) tras un temporal en outubro de 2014.

Foron ata 4 as denuncias ante as autoridades responsables (Concello e Xunta, en distinto grado), todas baixo o mesmo asunto: informando do derrube acontecido nas casiñas do Barrio do Cura, reclamando unha actuación de limpeza dos inmobles e vía pública e a consolidación das pedras deste singular conxunto de casas.

Mais concretamente

Houbo duas primeiras, en febreiro do 2015 (presentadas de xeito coordinado entre a Plataforma Cívica ECOAR e o Centro Social Cova dos Ratos) perante o Concello (polo veciño Francisco Fernández Veloso) e a Dirección Xeral de Patrimonio (por Uxío Reinoso Maset).

Unha terceira , a que está na base desta demanda, presentafa perante a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, do 23 de Setembro de 2016, de Uxío Reinoso Maset en nome da Horta Colectiva do Berbés que xa ten recabado o apoio de case 300 sinaturas de veciñas e veciños de Vigo.

E, unha cuarta, o 10 de Abril de 2017, reincidindo na anterior. A mais fixeronse varais chamadas solicitando información sobre o avance do expediente. Ningunha delas foi contestada, nin tampouco se fixo labor ningunha de limpeza, consolidación ou reparación do dano acontecido.

Agora, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acepta a demanda, e adopta a medida cautelar de suspender a orde de derribo que poida haber dos edificios dos nº 10,11,12 e 14 do Barrio do Cura, así como requiere a Dirección Xeral de Patrimonio todos os expedientes relativos ao asunto.