Tomiño acolle unha charla do ciclo “Tempo de saúde” organizado pola Deputación e o Colexio de Médicos

A conferencia, impartida polo doutor Joaquín Martínez Valente e dirixida especialmente ás persoas maiores, versará sobre trastornos depresivos e ansiedade
Publicado por o día 09/10/2018 na sección de Galicia,Tomiño

Tomiño acolle unha charla do ciclo “Tempo de saúde” organizado pola Deputación e o Colexio de Médicos

A Casa da Cultura de Tomiño será escenario o mércores da terceira charla do ciclo “Tempo de saúde”, unha serie de conferencias e coloquios sobre saúde posto en marcha entre a Deputación de Pontevedra e o Colexio Oficial de Médicos. A partir das 20,00 h., o doutor Joaquín Martínez Valente, especialista en psiquiatría, falará sobre trastornos depresivos e ansiedade. O acto está dirixido especialmente ás persoas maiores, a asociacións do municipio e á veciñanza en xeral.

“Tempo de saúde” é unha iniciativa consistente en accións formativas sobre saúde dirixidas ás persoas maiores e á xuventude. Vaise desenvolver de maneira piloto en 22 concellos da provincia, pero o obxectivo é estendelo a todos os municipios da provincia, tal e como manifestaron a presidenta da Deputación e do Colexio a principios de xuño cando asinaron o convenio de colaboración para este programa.

Ao igual que en Tomiño, nos próximos meses vanse desenvolver charlas dirixidas á poboación maior, centradas na hospitalización a domicilio e nos trastornos depresivos e ansiedade. En canto á mocidade, tamén se impartirán conferencias, centradas sobre todo nas temáticas de nutrición, trastornos alimentarios e enfermidades de transmisión sexual. Ademais, tamén se realizarán dúas accións, unha dirixida a entidades e asociacións de Vigo sobre enfermidades raras e neurodexenerativas e outra para a zona de Pontevedra sobre trastornos depresivos e ansiedade.