Tomiño arranxa catro camiños municipais en varias parroquias do municipio

As obras, cun custe de 70.592,36€, foron financiadas por AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural)
Publicado por o día 12/11/2019 na sección de Galicia,Tomiño

Tomiño arranxa catro camiños municipais en varias parroquias do municipio

O Concello de Tomiño na súa procura de mellorar a rede municipal de estradas, reparando as pistas asfaltadas e pavimentando as que se atopan en terra, vanse arranxar catro camiños municipais nas parroquias de Santa Mª de Tebra, Tomiño, Amorín e Vilameán.

As accións, financiadas por AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) con 58.340,79€, máis 12.251,57€ de IVE, achegado polo Concello (total 70.592,36€), encádranse dentro do Plan de Mellora de Camiños Municipais (Plan Marco) 2019-2020.

Dada a ampla superficie do concello de Tomiño, e o gran número de estradas existentes (máis de 500 km.), a tarefa de mantelas todas en perfecto estado supón un elevado custe. “Cando xorden estas axudas sempre son benvidas, aínda que as contías son moi reducidas para concellos coma o de Tomiño que ten un territorio moi rural”, explica o concelleiro de Obras e Acción Rural, Alexandre Pérez Souto.

As obras incluídas no proxecto consisten, concretamente, na mellora e pavimentación de catro camiños municipais. O primeiro deles é un camiño entre Ponteciña e Carballal, na parroquia de Santa Mª de Tebra; o segundo, entre Salgosa e Pé do Monte, na parroquia de Tomiño; o

terceiro atópase en Carregal Darriba, na parroquia de Amorín, e o último é o camiño de Ral, na parroquia de Vilameán, o que supón 1500 metros de viarios.

Todos estes camiños atópanse pavimentados con aglomerado e formigón, e despois de levar a cabo obras de canalizacións e o momento de mellorar a capa de rodadura, xa que son moi transitados. Asemade, vaise levar a cabo unha limpeza de marxes ao longo de todos os camiños e tamén a posta en cota das arquetas. Ao ser unha obra bianual, unha parte executarase este ano e o resto no 2020.A empresa adxudicataria é Covsa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.