Tomiño celebrará a súa segunda Festa Agro LGTBI cunha xornada completa de actos conmemorativos. Será o sábado 29 de xuño no Mercado Municipal, entre as 11.30 e as 21.30 horas, e haberá espectáculos circenses e de transformismo; concertos, DJ, obradoiros infantís, charlas, photocall e lectura do manifesto.
A festa, organizada polo voluntariado da oficina de Información Xuvenil (OMIX), comezará cunha sesión vermú artesá e o espectáculo circense Victoria. A las 12.30h terá lugar o primeiro obradoiro infantil “Trans*formando Realidades, a cargo de Sara Uris, e a conferencia “Entre a visibilidade e o paternalismo: a emerxencia do armario de cristal”, impartida por Ángel Amaro.
Ás 13.30h haberá purpurina e brillantina biodegradables, para todos e todas as participantes e un photocall para fotografarse. Ás 14.30h hora para a comida cun Pícnic Comunitario (para o que haberá que traer a comida) que durará até pouco antes das 16.00h, momento no que se realizará o segundo obradoiro infantil, do mesmo tipo que o da mañá. A continuación celebrarase o espectáculos de transformismo “Escribiuse un crime”, con “Marinita y sus maromas”, compañía de teatro DRAG.
Ás seis da tarde, haberá un concerto de “Las Marikarmen”, un cabaret musical queer-pop, con músicos de distintas nacionalidades.
Para ás 19.30h está prevista a actuación de Russinha (DJ set) e coma peche da xornada, a lectura do manifesto, a cargo de Andrés Benítez Oliveira, produtor audiovisual e recoñecido membro do colectivo LGTBI do municipio tomiñés.
“Esta iniciativa xorde non só a raíz da necesidade de visibilizar ao colectivo LGTBI+ no ámbito rural, senón tamén como unha vía de reivindicación do campo como un lugar de oportunidades”, explican os organizadores.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.