A Concellería de Vías e Obras vén de rematar varias obras de saneamento, e instalación de rede de augas pluviais e canalización de cables para iluminación pública, por valor de máis de 120.000 euros.
A senda peonil no barrio de Camiño Novo, dunha lonxitude de quilómetro e medio, dará servizo a un centenar de veciños e veciñas, que agora teñen unha beirarrúa por onde camiñar, pero a obra significou tamén a instalación de rede para augas pluviais e canalización de alumeado público, e tamén de saneamento nunha fase anterior. As obras da segunda fase costaron arredor de 100.000 euros, con cargo ao Plan Concellos, da Deputación Provincial.
Por outra banda, leváronse a cabo dúas obras máis de canalización de saneamento; unha, xa rematada, na parroquia de Carregal e outra, por rematar en breve, no barrio tomiñés de Pazos. Estas intervencións, cun custe de máis de 20.000 euros en total (que se realizaron con fondos propios do Concello), darán servizo a 13 vivendas, que solicitaron engancharse á rede municipal.
Francisco Campo Lago, concelleiro de Vías e Obras, explica que se van facendo moitas intervencións deste tipo que, aínda que non sexan de grande envergadura, van sumando quilómetros á rede municipal, a que nestes momentos da servizo a máis da metade da poboación.
Noticias de última hora en Vigo