Tono Campos, Iago Monteagudo, David Barreiro y Manuel Fontán cólganse o ouro no nacional de inverno

Os deportistas galegos que se desprazaron á capital andaluza sumaron quince metais.
Publicado por o día 18/03/2019 na sección de Deportes,Piragüismo

Tono Campos, Iago Monteagudo, David Barreiro y Manuel Fontán cólganse o ouro no nacional de inverno
Ao longo da mañá de onte celebrouse nas instalacións do CEAR na illa da Cartuxa en Sevilla o L Campionato de España de Inverno junior, sub23, senior e paracanoe. Despois dunha primeira xornada onde se conseguían uns excelentes resulta coa obtención de oito medallas para os representante galegos, a xornada do domingo presentábase con expectativas moi altas para os nosos deportistas.
 
Este campionato de inverno deu boa mostra do potencial galego, durante todo o campionato os padeeiros autonómicos demostraron que Galicia é unha potencia a nivel nacional, conseguindo 15 medallas, das cales cinco foron de ouro, tres de prata e sete de bronce.
 
Nesta edición 2019 na categoría xuvenil conseguíronse as medallas de ouro de Manuel Fontán (Núatico O Muiño) en C1 e as dúas de bronce para os deportistas do E. P.Cidade de Pontevedra Martín Jácome e Nuria Rodiño. Ademais Lara Feijoo (Kaiak Tudense) e Miguel Paz (Piragüismo Verducido) alcanzaron unha meritoria cuarta praza nas súas probas de kaiak.
 
Como non podía ser menos a categoría sub 23 tamén nos deixou varias preseas. David Barreiro do Náutico Rodeira gañou en C1, mentres que Jaime Duro do E. P. Cidade de Pontevedra cruzou a liña de meta en terceira posición. O mellor galego na final de K1 foi Iago Monteagudo do Club Naval de Pontevedra, o novo padeeiro realizou unha excelente regata ocupando en todo momento as prazas dianteiras, o mozo pontevedrés colgouse o ouro despois de realizar un do mellores sprint do campionato xunto ao asturiano Pablo Roza, a falta de 30 metros para meta Montegudo superou ao seu compañeiro para pasar a liña de chegada en solitario, Iago mellora así, o terceiro posto da edición pasada.
 
As últimas regatas da mañá foron as correspondentes á categoría senior. Sería na final da canoa masculina onde o Club Breogán do Grove demostraba o seu potencial conseguindo os dous primeiros postos do podio. Ton Campos que debutaba neste 2019, proclamábase campión de inverno por diante de Diego Romeu e o tudense Manuel Garrido. Pola súa banda, Jennifer Casal do E. P. Cidade de Pontevedra, facía onte pola tarde coa medalla de bronce en C1.
 
Por último, a proba de kaiak para os homes senior daba comezo ás 13:05 coa presenza na liña de saída de 35 deportistas galegos. Despois de vinte minutos de carreira todo decidíase nun bonito sprint entre Francisco Cubelos, Iván Alonso e Javier Hernánz. Sería o castelán manchego Cubelos o que levase o ouro por diante de Alonso e Hernánz. O piragüista tudense agora nas filas do Piragüismo Olívico realizou unha regata moi táctica onde reservou forzas para poder chegar con opcións de triunfo ao final da carreira.
 
Polo que respecta ás regatas de Paracanoe Galicia cultivou as medallas de Adrián Mosquera do Piragüismo Rías Baixas bronce en KL2 senior e o podium da categoría KS1(Especial) integramente galego coa presenza do padeeiro do Cidade de Lugo Ramón Fernández en primeira posición, Silvestre Bicada do Piragüismo Cambados segundo e Marcos Terzado do Piragüismo Vilaboa Terceiro.