TOOLMAKER conv̩rtese en novo Socio Protector do C. B. Seis do Nadal РCoia

Publicado por o día 13/10/2016 na sección de Baloncesto,Deportes,Vigo

TOOLMAKER conv̩rtese en novo Socio Protector do C. B. Seis do Nadal РCoia

Toolmaker, revista técnica de moldes, troqueles e empresas afíns da Península Ibérica, será un novo socio protector do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia para o presente curso 2016/2017. Toolmaker pretende axudar as industrias do seu sector a fortalecer o canle de comuniación, creando sinerxias entre as empresas e profesionais.

O equipo Infantil Masculino “A”, en representación do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, recibiu a visita de Patricia Suárez, Directora da revista Toolmaker, quen lle explicou aos xogadores e adestradores do equipo os contidos e as funcións da súa revista, primeira que se publica de xeito trimestral, impresa en español e portugués e que se distribúe en España, Portugal, Europa, México e Brasil.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, agradecemos toda a confianza e todo o apoio depositado por parte desta revista no noso proxecto, e estamos satisfeitos da relación establecida entre ambas partes para a presente campaña.