Torneo alevín de fútbol

Por o 16/05/2018 | Sección: Cangas,Deportes,Fútbol,Galicia
Torneo alevín de fútbol

O pasado luns, día 14 de maio, tivo lugar na Casa da Xuventude de Cangas a presentación do XIV Torneo Alevín de Fúbtol 8. Un acto ao que acudiron Xoan C. Chillón, concelleiro de Deporte, Pepe García e José L. Priego, directivos do Alondras C.F.

O evento, que terá lugar o vindeiro xoves, día 17 de maio, no Campo de Fútbol do Morrazo, trascorrerá en horario de 10:00 a 13:30 e de 15:00 a 21:00 horas, e nel confrontaranse un total de 12 equipos (180 xogadores/as) en categoría alevín:  ALONDRAS A / ALONDRAS B / AD. VILA DE CORPUS / CD CHOCO A / CD. CHOCO B / RC. CELTA DE VIGO / CD. AREOSA / SARDOMA C.F. / UD. ATIOS / CORUXO CF. / MARCON ATLÉTICO / EFB. MOAÑESA

O encontro está organizado polo Alondras e conta coa colaboración da Concellaría de Deporte de Cangas.

A entrada ten un custe de 2 € (donativo).

Para unha información máis detallada: 663 044 494 (Piter).

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.